venres, 12 de febreiro de 2010

E chegou o Entroido 2010



Parece que aínda acabou onte ó Nadal e chega xa o entroido. Un tempo o de Don Carnal que entrou frío pero soleado pero que cos excesos de comida e bebida que se cometen estes días ese frío pasara a un segundo plano e o predominará será a festa, a broma e a "carallada" (se me permitides a expresión).

Como benvida ó entroido quérovos deixar un video da Chirigota sevillana "Los Pre-paraos" que chegou as semifinais do Concurso de Entroido de Chirigotas de Cádiz. Nesta agrupación pódense encontrar caras coñecidas coma Monchi (Director Deportivo do Sevilla FC), José Manuel Soto (cantante e compositor)ou César Cadaval (do dúo humorístico "Los Morancos"). Son moi bos e segundo se rumorea polos foros de internet non acadaron a final desta competición por ser varios deles persoeiros da vida pública. De todos modos seguro que son os gañadores morais.

Polo que respecta a Sobrado tan so vos podo dicir que se vai liar unha festa moi gorda, sobre todo o domingo que é o concurso de disfraces aquí na praza do pobo, pero todos os días haberá disfraces e color de entroido... (haberá fotos)

Saúdos e que disfrutedes do Entroido en toda a súa esencia.

1 comentario:

オテモヤン dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.