venres, 16 de xullo de 2010

Barricada hoxe en Teixeiro



Estes días e xa vai ser un sin parar ata que pase a XI Feira da Troita ando algo apurado co traballo polo que de pouco tempo dispoño para que o blog esté en funcionamento de xeito diario.
Resumindo moito direivos que hoxe temos un concertazo en Teixeiro, no comezo das festas da Xuventude, estará Barricada coma cabeza de cartel (será a cuarta vez que os vexo en directo e son espectaculares e moi profesionais que diría Manquiña en AirBag). De teloneiros estará Oath e Forraje.
Se o tempo acompaña a praza de Teixeiro promete cheo esta noite, agardemos que así sexa.
Un saúdo e que teñades unha plácida fin de semana.

* P.D: que concertazo de Ben Harper o mércores en Santiago, increible.

Ningún comentario: