venres, 23 de xullo de 2010

Finde de sol e praia

Esta fin de semana toca sol e praia, algo que xa estaba desexando pois aínda non pisei ningún areal no que vai de verán (incrible en min) e o corpo xa pide tostarse (malo será que non me pille un pouco Lorenzo).
O destino elexido desta volta é Nigrán, como todos os veráns non lle perdoo un fin de semana nas Rías Baixas no mes de xullo (a gastronomía, a praia e o bo vivir mandan).
Puxenvos un par de fotos de Praia América, a praia máis coñecida de Nigrán xunto coa de Panxón, afortunadamente o hotel está ubicado a 200 metros polo que o camiño farase curto para darse un baño. A climatoloxía parece que vai responder polo que se nada se torce o finde promete.
Para ir abrindo boca deixovos de novo un video que xa andivo por eiquí nunha entrada anterior, o "Amazing" da rumana Inna, que vai moi relacionado co tema praia e sol.
Qué disfrutedes, unha aperta.



3 comentarios:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
vero86 dixo...

Que ben te coidas!!!
A verdade é que esta semana, non pisei as Rías Baixas, pero estoume desquitando do inverno frío que pasamos e case non saio da praia! Como me gusta este tempo...