luns, 5 de xullo de 2010

O Sobrado On Tour 2010 estivo onte nas festas de Présaras



Unha representación do Sobrado On Tour 2010 (Pazitos, O Muxico -o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón-, Truki, Álvaro e eu) estivemos onte a noite no peche das festas de San Pedro en Présaras. Moitas caras coñecidas, unha noite bastante agradable, moita xuventude pechando a festa e moita felicidade na xente ou polo menos esa era a impresión que daba ollando as caras dos alí presentes. Para amenizar todo esto estaban as orquestras Panamá e París de Noia.
Cada orquestra fixo un pase de 2.30 horas seguidas e foi a formación de Noia a encargada de pechar estas famosas festas.
Decir que a París de Noia, logo de varios anos dando tumbos, esta tempada sí que está a dar o Do de peito e as súas actuacións veñen sendo acordes o nome que acompaña a orquestra. Son moi mellorado, dúas voces femininas sensacionais xunto con un Christian Maya que parece que cada ano que pasa mellora enriba do esceario. Non me quero olvidar do todoterreo Blas, que segue o pé do cañón un ano máis e xa van...
Por suposto o elenco de músicos que acompañan a París de Noia son do mellorciño que hai na escea orquesteira galega, un músicos que lle dan moita viveza o espectáculo: Marcos Valcarcel, Wilson, Jeanette...
É moi boa nova que París de Noia esté a recuperar as sensacións como mellor orquestra de Galicia que foi. A nivel particular sígome quedando con Panorama pero esta tempada a cousa parece estar máis igualada. Do que vin ata o momento a decepción máis grande é unha das miñas favoritas: Olympus, que non me gustou nada de nada, o certo é que tan so tiven a oportunidade de vela unha vez (en Guitiriz), confío en que a próxima vez que a vexa a impresión sexa outra.

Hoxe algúns integrantes do Sobrado On Tour 2010 amenazan con ir a Oza dos Ríos e o que é máis amenazan con levarme polo civil ou polo criminal a ver a Panorama, pero hoxe o menda lerenda non sal.

Ningún comentario: