xoves, 13 de xaneiro de 2011

Inolvidable



Un dos meus humoristas favoritos é Rowan Atkinson no papel de Míster Bean. Púidenme "chapar" tranquilamente 4 ou 5 veces cada capítulo desta magnífica serie (por suposto sempre na TVG). Un dos sketches que máis gracia me fan é cando coñece a raiña de Inglaterra (dicir que a raiña non lle soou un teléfono móbil nin lle chorou un neno nin moito moito menos se rompeu unha perna esquiando...).

Colgoo por aquí para compartir unha risas, que para eso viñemos a este mundo, a rir e a disfrutar.

Que teñades un bo xoves!

3 comentarios:

vero86 dixo...

JAJA QUE GRANDE ESTE TÍO!! Sen dúbida o mellor, de nena e non tan nena, encantábame velo (sempre na Galega!) e con este capítulo, que vin moitas veces, sempre me ría. Que gracia! O detalle de limar as uñas coa cremalleira do pantalón e os apuros para cerralo... do mellor! jeje
Que fenómeno!

Unknown dixo...

Hai outro sketch que a min me causa especial gracia. Falo de un no que prepara un sandwich nun parque, lava a leituga na fonte e coa esta mesma con un calcetín executivo. Espectacular.

vero86 dixo...

Sii! Xa me lembro jeje, é moi bo.
Tamén hai outro moi simpático, para o meu gusto é tremendo: está nunha praia, non leva o bañador posto, e ve que hai un señor sentado nunha cadeira. Os traballiños que pasa o home para poñer o bañador por enriba do pantalón, sacar este co bañador posto e que non o vexa o señor son dos que cansan só con velo, menudos traballos! E total pa nada, porque o señor da cadeira resultou ser cego! Cando Bean consigue sacar o pantalón o outro levántase e marcha co seu bastón jajaja, a primeira vez que o vin íame mal coa risa!