
Parece que o madrugón do sábado lle sentou ben a Esteban que ata o comezo da xornada estaba empatado no liderato da Porra con Finito e con quen vos escribe. A cousa non lle puido sair mellor pois atinou o resultado dos "seus dous equipos" ou o que é o mesmo, o Hércules - Barcelona e o Atl. Sobrado - Encrobas. Aínda que atinou o partido da xornada o ter atinado máis de un encontro sumará 5 puntos na clasificación. Pero non foi o único en atinar esta xornada pois Pitus, que xa puntuou a semana anterior volveuse a poñer as pilas e atinou tamén o Atl. Sobrado - Encrobas.
Estes foron os
RESULTADOS:Deportivo 3 - Sevilla 3Osasuna 1 - R. Madrid 0Hércules 0 - Barcelona 3* PARTIDO DA XORNADAAtl. Sobrado 3 - Encrobas 1A CLASIFICACIÓN XERAL queda do seguinte xeito:1. Esteban 17 puntos2. Finito/Lato 12 puntos3. Pitus 11 puntos4. Alberto 9 puntos5. Emilio 6 puntos6. Ferreiro9 3 puntos7. Gadel 0 puntosGraciñas a todos por participar
Ningún comentario:
Publicar un comentario