venres, 14 de xaneiro de 2011

Os grandiosos Black Eyed Peas



Polo xeral cando unha nova versión de unha recoñecida canción aparece en escea non me acostuma a deixar cheo de satisfacción. É dicir, noto que lle falta algo para que esa versión chegue a ser tan grande coma a canción orixinal no mellor dos casos; por tónica xeral as versións soen ser malas de solemnidade. Desta volta debo decir que os grandes B.E.P. veñen de sorprenderme gratamente co seu "The Time (Dirty Bit) que é unha adaptación do clásico (I´ve Had) The Time Of My Life, o tema estrela da archicoñecida película Dirty Dancing (1987) onde os protagonista foron o malogrado Patrick Swayze e Jennifer Grey.
Xa non é raro ver que cada traballo que fan os Black Eyed Peas se convirta en exitazo e unha vez máis vólveno a conseguir. Para min é un auténtico temazo!

Que teñades boa fin de semana.

2 comentarios:

vero86 dixo...

A min non che me gusta nada nada NADA!! Creo que unha versión debe manter cando menos a letra da orixinal, aínda que teña partes con estrofas engadidas, por exemplo. Pero é que neste caso, ou moito me equivoco, ou só mantiveron a frase do estribillo!!!
Paréceme que foron demasiado ousados para intentar versionar unha gran canción tan famosa e fracasaron estrepitosamente no intento. Porque vale que lle gustará a moitísima xente (e respétoo) e será un superventas ou o que se queira chamarlle, pero a canción ser é mala con ganas! Unha versión debe manter a esencia da orixinal sen ser igual (por iso é versión), pero neste caso nin punto de comparación. Sábese que canción versionan pola frase do estribillo, que polo resto... calquera parecido é mera casualidade.
Eu se vou no coche e soa na radio, últimamente xa cambio de emisora, ou poño un cd ou directamente apago a radio jeje. Ráiame ata o extremo esta música. E co I got a feeling pasoume más de lo mismo, escoiteina taaaantas veces, soa en tooodas partes e raia que non vexas.
Eu penso que o éxito desta versión é debido a quen a fixo, só por ser deles xa vende, porque a canción en sí, para o meu gusto, é malísima.

Xa ves Víctor, normalmente coincidimos en case todo o que publicas aquí, pero neste caso somos radicalmente opostos jaja. Síntoo, tiña que dicilo, aborrezo esta canción! jeje

Unknown dixo...

O que che pasa a ti con esta canción pasame a min con Melendi en xeral. Aborrezo as cancións de ese tio, no momento en que sae un tema del na radio cambio o dial. Raiame ata límites insospeitados.