xoves, 20 de xaneiro de 2011

Primicia

No día de hoxe entereime do cartel do 36 Festival da Feira do Queixo de Arzúa. Como aínda non é oficial non serei eu quen diga os artistas que veñen este ano. Sí que vos direi que "O Queixo" cambia de data, xa que habitualmente se celebraba o primeiro domingo de marzo pero o coincidir co Entroido a organización decidiu cambialo para o segundo fin de semana. Polo tanto a Feira do Queixo será os días 11,12 e 13 de marzo.
Polo que os concertos respecta o día forte será a noite do sábado 12 onde vos darei algunha pista: un dos grupos é do sur, moi animado, que nos fará divertir e bailar sen parar a tod@s (GARANTIZADO). O outro é un dos cantantes españois máis importantes no seu estilo, o seu nome musical é igual o de un futbolista da Liga BBVA.

Para o domingo 13 tamén nos agarda unha gran artista galega...

Non digo máis polo de agora, en poucos días será oficial e xa teredes máis novas.

Unha aperta

4 comentarios:

vero86 dixo...

Sabes que estás sendo un pouco "cabroncete" restregándonos pola cara que ti sabes o cartel e non nolo queres dicir, verdade?
Xa está ben de tanta adiviña!! Que cruel eres!! jejeje

Unknown dixo...

É para darlle un pelín de emoción, para manter a intriga e tal..., jajaja. Tranqui, como moi tarde o día do concerto informarei..., jajaja.

vero86 dixo...

jajaja se non avisas antes... malo!

Unknown dixo...

Ja, ja, ja, intentarase...