xoves, 28 de abril de 2011

CAMPIÓNS!!!

Cumpliuse o soño. Xa somos campións de Liga de 1ª División da Coruña e de paso conseguimos o ascenso a División de Honra. O curioso do caso é que onte a media tarde enterámonos de que nos valía o empate para ascender pois no caso de empatar a puntos co Transportes Dicarpe ascenderiamos nós a pesares de ter o golaverage particular perdido con eles pois o artículo 98 do regulamento da Competición di que en caso de empate se algún dos equipos foi penalizado con sanción quedará por detrás. Este é o caso do Dicarpe que foi sancionado con alineación indebida fronte a Churrería Nuñez.
O partido fronte o Mirador San Pedro, un rival temible que desplega un fútbol sala de unha categoría superior foi de infarto, un auténtico partidazo. Comezamos gañando por medio de un gol de falta de Chino, máis tarde empataría o MSP. Con este resultado chegaríamos ó intermedio. Na segunda metade o partido volveuse tolo: adiantaríase o MSP 1-2 pero axiña empataría Isaac con outro gol de falta. Dous minutos despois Chino levantaría a grada con un auténtico golazo ó sorprender o porteiro adiantado. Empataría MSP nunha gran xogada a 3 goles. Faltando un minuto MSP aproveitou un erro noso para establecer o 3-4 que lle daba o título e o ascenso pero está claro que en deporte hai que loitar ata o final, cando parecía que tiñamos todo perdido e que quedaríamos en terceira posición un agónico gol de Chino faltando 5 segundos para o final provocou o delirio e fixo que todos saltaramos a pista a celebrar o gol sumando varias tarxetas por invasión de campo pero xa pouco nos importaba, so aguantar eses 5 segundos e así foi... o colexiado decretou o final e comezou a festa e a celebración. Unha celebración confusa pois os xogadores de Dicarpe que estaban na grada celebraban que pensaban que ascenderan eles descoñecedores do artigo 98 mentres nós celebrabas coa lei na man o título e o ascenso.

Grazas a ese importante número de afeccioados que nos viñeron alentar (xente que vive na Coruña e xente que vive en Sobrado) onte a pesares do horario intempestivo (23.00 horas), a pesares de que onte se xogaba un R. Madrid - Barcelona de Champions, a pesares de que hoxe había que madrugar e nos deitamos tarde, moi tarde. Daba gusto ver a grada e cada vez que marcábamos ver un gran número de xente celebrando. Estamos moi agradecidos. Agora este título danos acceso a disputar o Torneo por Excelencia da Cidade da Coruña, o Teresa Herrera, un gran premio a un excelente ano.

Grazas tamén a Alberto do Pub Kemais? de Melide, o noso patrocinador, por confiar en nós e por todas as facilidades que nos amosa día sí e día tamén. Este título vai para ti tamén crack!

Vémonos para o ano en División de Honra

P.D: Foto do diario Depor Sport do día de hoxe

2 comentarios:

Anónimo dixo...

FELICIDADES!!

Saludos

Sara

Unknown dixo...

Graciñas Sara.

Saúdos