luns, 18 de abril de 2011

Rock en Cervexería Lodeiro o mércores 20

Haberá Rock en Sobrado, pasado mañá mércores 20 de abril despois de que remate a Final da Copa do Rei de Fútbol; concretamente será en Cervexería Lodeiro onde o magnífico grupo ITH obsequiará os asistentes con un potente rock do que xa deixou mostras na Edición do ano 2009 da Feira da Troita cando fixeron de teloneiros de Celtas Cortos. O formación dos Miguel, Toxo, Folgueira, Rita, Pablo e Thais será o aperitivo perfecto para dar a benvida a unha Semana Santa que chega cargada de eventos en Sobrado (mañá falaremos de outra cita inesquecible). Se vos gusta o rock feito con bo gusto e en galego non podedes faltar á cita. Xa sabedes, será en Cervexería Lodeiro as 00.00 horas (a hora das meigas). Primeiro fútbol, despois rock!!!

Ningún comentario: