venres, 15 de abril de 2011

Comeza a Semana Santa (para moit@s)

Hoxe 15 de abril dase o pistoletazo de saida das vacacións de Semana Santa (santa semana) para moita xente. Noraboa a tod@s es@s privilexiad@s que non teñen que traballar nin estudiar ó longo de estes días. Se vos desplazades da vosa localidade por favor, moito coidado e despaciño que o tempo sempre chega e non é plan pasar un mal rato por chegar uns minutos antes. O dito, con calma e a disfrutar que para iso son as vacacións. De novo chega o momento de volver a ver a xente que habitualmente vive alexada de aquí e iso sempre é unha gran nova. Xa hai gañas a decir verdade!!! Deixovos os cracks Red Hot Chili Peppers para que vaiades poñéndovos a tono con todo o que se aveciña. Bicos e apertas

Ningún comentario: