xoves, 29 de novembro de 2012

Concerto de "Deja Vu" en Cafetería Ramiro de Sobrado mañá venres


A escea musical está moi presente estos días no blog. Se onte falabamos da actuación de Javi Mota no Pub Q+? de Melide o vindeiro sábado hoxe quero falar de outro evento-concerto que terá lugar mañá, aquí, en Sobrado.

 Trátase de unha dobre cita: por un lado concerto no Pub Forxín de Cafetería Ramiro de unha banda de recente creación chamada DEJA VU. A batería, un recoñecido artista como é Pablo Espido, veciño de Sobrado, o seu curriculum di que foi músico de formacións tan importantes como as orquestras Los Satélites, Trébol, Troco, Montecarlo ou Ismael (na cal está na actualidade).

O concerto comezará as 23.30 horas e será como dixen antes na parte traseira do citado local.

Pero Cafetería Ramiro non so nos ofrece o concerto de DEJA VU na noite do venres senón que nos obsequiará con unha festa RON BARCELÓ onde haberá infinidade de regalos para tod@s aquel@s que degusten este prezado Ron Dominicano.

Non o podedes perder, mañá venres doble cita no Ramiro

DEJA VU & Festa RON BARCELÓ

Ningún comentario: