xoves, 22 de novembro de 2012

Santa Cecilia, patroa dos músicos




 Hoxe 22 de novembro é Santa Cecilia, a patroa dos músicos. Como gran amante de todos os estilos musicais desde este blog quero felicitar a todos os músicos agradecéndolles a gran cantidade de sentimentos que nos producen os seus traballos. Eu son unha desas persoas que sen música a miña vida non tería sentido.
Así pois, aproveito para renderlle tributo a unha das bandas máis grandes e importantes do Rock & Roll de todos os tempos: os Rolling Stones. Unha formación que levan 50 anos enriba dos escearios, que seguen dando moita caña e que aló onde van as persoas que os acompañan cóntanse por milleiros.

Longa vida á música!!!

Ningún comentario: