venres, 9 de novembro de 2012

Festa do fútbol en Sobrado

Mañá é un día histórico para o deporte sobradés e máis concretamente o fútbol. Por primeira vez na historia, dous equipos do Concello de Sobrado: Club Atlético Sobrado Xuventude e Tambre C.F. enfrontaranse na procura dos 3 puntos.
Hai un antecedente de dous equipos federados do pobo na mesma modalidade, aló polo ano 1997 cando se enfrontaron o Sobrado Fútbol Sala e o Pymes Sobrado Fútbol Sala en categoría Provincial.
O Sobrado Fútbol Sala desapareceu e o Pymes Sobrado evolucionou ata chamarse Club Atlético Sobrado Xuventude.
Mañá no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas C.A.S.X. e Tambre farán historia. Se queredes ter algún dato máis sobre o derbi picade neste enlace  http://atleticosobrado.blogspot.com.es/2012/11/xornada-9-casx-tambre-cf-previa.html

Un saúdo e feliz finde.

Ningún comentario: