xoves, 8 de novembro de 2012

Sobradeses que fixeron patria

Grazas á Facebook púidenme enterar do triste falecemento de Guillermo Valiño, un home natural de Sobrado dos Monxes que emigrou a Euskadi a primeiros dos anos 60.
Guillermo era pai dos fundadores do Kate-Zaharra, un famoso restaurante ubicado no Monte Artxanda desde o cal se poden divisar unhas estupendas vistas de Bilbao.
Déixovos o enlace de El Correo para que lle votedes un ollo. A nova é do pasado luns 5 de novembro.

D.E.P.

http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20121105/vizcaya/viga-bilbao-20121105.html

Ningún comentario: