luns, 25 de febreiro de 2008

Comezan as festas

Achégase a primavera e con ela voltan a nosa patria as miles de festas que tanto nos caracterizan. No mes de marzo temos na zona variadas festas con parte das mellores orquestras da Galiza. Como nesta época o tempo é unha ameaza as diversas comisións organizadoras trataron de cubrirse as espaldas alugando carpas para evitar unha inoportuna visita da choiva e o frío.



Para o venres 14 de marzo temos unha doble cita nesta zona: por un lado, na miña segunda terra: Présaras (Vilasantar) haberá unha gran polbeirada a festa estará amenizada pola espectacular Orquestra Marbella que tivemos a ocasión de vela no pasado 2007 na festa da Virxe dos Dolores de Sobrado e deixou un gran sabor de boca. Ademáis conta para o meu gusto coa cantante máis guapa (é bastante difícil elexir unha) de todas as orquestras galegas.

Por outro lado ese mesmo venres 14 temos en Visantoña (Santiso) un luxo de festa: Panorama, París de Noia e a Orquestra da Televisión xuntas nunha noite que promete ofertarnos sensacións fortes. Como xa nos teñen acostumados os nosos veciños de comarca da Terra de Melide en Visantoña (unha vez máis) terán parte das mellores orquestras no noso país, FELICIDADES.



O mércores 19 de marzo día de San Xosé e festivo nacional neste ano 2008, que este ano cadra coa Semana Santa polo que pode haber un número importante de xente tamén teremos un bo cartel en Teixeiro (Curtis) coas Orquestras París de Noia e Cibeles.

Polo tanto e para ir abrindo boca cara o verán poderemos ver no mes de marzo, as novas fichaxes, as novas cancións, escearios,etc, das nosas orquestras.

Animádevos a ir as festas populares, cantade, bailade, bebede (con moderación) e difrutade: SON TRADICIÓNS QUE NON SE PODEN PERDER.

Saudos

2 comentarios:

Pitus dixo...

Desde luego que no debería perderse esa tradición de las romerías en los pueblos gallegos.
Ya no se acostumbra en casi ninguna otra región a llevar orquestas como centro de las fiestas del pueblo.

Anónimo dixo...

Claro que si, as festas non se poden perder. Son parte da nosa cultura e sería unha pena que desaparecesen.

FIESTAAAA!!!!!!