luns, 11 de febreiro de 2008

Gasol pode chegar moi alto

Kobe Bryan e Pau Gasol
O pivot catalán da NBA Pau Gasol acaba de dar un chimpo definitivo na súa carreira profesional coma xogador de elite de baloncesto logo de deixar os "tristóns" Memphis Grizzlies polos "míticos" Lakers de Os Anxeles.
O seu debut foi coma nos mellores soños, 24 puntos e 12 rebotes na súa primeira victoria coa escadra "anxelina".
A chegada de Pau aportará tamén un evidente potencial os Lakers de cara para afrontar os Play-Offs para a consecución do Anel de Campións. Gasol formará un excelente tridente xunto a Mega-Estrela Kobe Bryan (tamén chamado "o novo Michael Jordan") e Lamar Odom. Sen dúbida que os Lakers son agora un dos favoritos para gañar o seu enésimo título da NBA.
A min dende sempre me gustaron os Boston Celtics, dende o mítico Larry Bird e Robert Parish cando Ramón Trecet narraba na 2 de TVE os partidos da NBA os venres como ninguén o fixo neste país (o seu lado Andrés Montes é un afecciado) e debo confesar que sempre lle tiven algo de manía os Lakers pois eran os rivais directos dos Celtics, agora coa chegada de Pau queiras que non alegraste que gañen, non polos Lakers senón por Pau.
De tódolos xeitos, este ano Boston logo de moitos anos de penurias deportivas volta a estar "na cresta da ola" cos mellores resultados ata o de agora na Liga Profesional Americana eu desexo que gañen o título de campións e se pode ser fronte a Gasol mellor que mellor pois polos menos xa poderá dicir que no seu primeiro ano chegou a unha final da NBA. Ademáis unha final Lakers-Celtics daríalle outro sabor o basket mundial rememorando aquelas finais dos principios dos 80 onde Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, James Worthy, Byron Scott, Larry Bird, Robert Parish ou Kevin Mac-Haile facían as delicias dos afecciados.
Sorte a Pau pero ante todo GO CELTICS!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Este rapaciño aínda ten moita guerra que dar no mundo do baloncesto. Era cuestión de tempo que chegase a un equipo coma os Lakers.

A ver que pasa co irmán...vos credes que chegará tan alto Marc coma Pau?

Unknown dixo...

Estaba claro que Pau ía chegar a un grande tarde ou tempran, penso que esta campaña nos Grizzlies sobroulle e foi unha magoa que non fichase xa no verán polos Lakers.

O irmán é un gran xogador que esta tempada está incomensurable na ACB pero penso que xamáis chegará as cuotas de Pau (ET para Andrés Mondes). De tódolos xeitos penso que Marc tamén chegará a National Basket Asociation.