mércores, 20 de febreiro de 2008

Fidel Castro abandoa o poder baixo a presión de 3 sobradeses

Si amigos, así é. Logo de 49 anos no poder, Fidel Castro anunciou onte que abandoaba o goberno de Cuba. Esta nova xa fixo correr regueiros de tinta nos medios de comunicación.

O que ninguén sabe é a verdadeira versión:

dende hai un par de meses e dende un pobo moi lonxano a illa do Caribe unha tropa de soldados especializados planeou un golpe de estado a Cuba. O pobo chámase Sobrado e a "guerrilla" ten 3 cabezas visibles: O Xeral "Pazitos", o Comandante "Muxico"(artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) e o Capitán "Trukito".

Queda claro que tiñan todo moi estudiado pois a data de chegada a Cuba estaba clara: o 20 de febreiro de 2008 (xusto o día despois de dimisión de Fidel Castro).

Parece ser que Fidel sufriu numerosas ameazas de acabar coa reserva de Ron Cubano e cos seus Puros Habanos, polo que fronte tanta presión estes 3 sobradeses acadaron o que ninguén fixo en 49 anos de poder de Fidel: QUE PRESENTASE A SÚA DIMISIÓN.

Parece ser que Castro nun círculo pechado de confidentes chegou a declarar: "mi hermano, vienen estos vividores a mi país y se beben todos los mojitos, sería superior a mi, no aguanto más" (e votouse a chorar).

Rumoréase que a idea dos mojitos partiu do Xeral Pazitos, que pode ser o vindeiro Xefe de Estado de Cuba, as eleccións serán o domingo e ten moitas papeletas para sair elexido.
Pazitos xa fixo un adianto das súas propostas e a máis destacable sería a de ingresar o Coronel Javier Castro (tamén de Sobrado) como director da Dirección Xeral de Tráfico Cubana, e Fidel Castro quedaría coma encargado de facer os controis de alcoholemia na illa.

Polo tanto o organigrama do Goberno de Cuba quedaría da seguinte maneira:

-Xeral Pablo Pazos "Pazitos": Xefe de Estado e encargado do Ministerio de Alimentación e Boas Costumes.
-Comandante Pablo Calvete "Muxico": director dos Ministerios de Familia e Relacións Persoais, Cooperativismo e Sindicalismo.
-Capitán David Amil "Trukito": director dos Ministerios de Economía e Importacións alcoholicas dende Escocia e Galicia.
- Coronel Javier Castro "Castriño" (estará ausente nesta primeira viaxe "de contacto"): director do Ministerios de Educación Vial e Seguridade Cidadá e o de Mecánica e Novas Tecnoloxías.

Non se descarta que poidan ingresar máis elementos no citado organigrama nun futuro vindeiro.

A expedición de lexionarios partirá hoxe mesmo as 15:00 hora española dende a T2 do aeroporto Madrid-Barajas con altas medidas de seguridade para salvagardar os novos xefes do Caribe.

Por último resaltar que dende o domingo Cuba pode cambiar de Himno Nacional e a proposta do Comandante Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) estableceríase "per sécula-seculorum" a canción de Jarabe de Palo "La Flaca".

O Himno comeza así:

EN LA VIDA CONOCÍ MUJER IGUAL A LA FLACA,
CORAL NEGRO DE LA HABANA,
TREMENDISIMA MULATA...

Seguirei informando.

Saudos MIS BROTHERS

5 comentarios:

Pitus dixo...

Yo creo que la fecha clave pudiera ser este próximo Sábado,que casualmente es 23-F,y con un "tol mundo al suelo mis brothers" y un "se sienten coñol" ya está tomado el poder cubano en manos de los gallegos de Galicia,no olvidemos que los cubanos y en general en latinoamérica se les llama gallegos a todos los españoles.

Anónimo dixo...

JAJAJAJAJA ai mamaíña, que risa!!
Déixasme sen palabras. De verdade.

O que non che traballa a ti a cabeciña non llo argalla a ninguén!

Anónimo dixo...

- ¿nena como te chamas que quero cñecerte?
-¿e ti quen es?
-eu son o que lle fago os buratos os Donuts.
JAJAJJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJAAJAJAJ

Anónimo dixo...

juas.....

facedor de buratos!!!! fai un blog propio cas frases que se oen os sabados por melide...juis.....
tranki non te vou descubrir... ainda que...

"millor poñome en anonimo que despois todo se sabe....ti coñeces a nishita-????? q lle escribe comentarios no blog de lato???"
juis...
o se se fala nese bar...acaba publicado no blog do lato!!!!

my brothers... my sisters.... isto e un asalto en firme!!!!

quieroooooo mi cubalibreeeeee
quieroooooooo mi cuba libreeeeee!!!!!

Unknown dixo...

Había días que lles viña advertindo os G.E.C.S. (Guerriña Expedicionaria Cubano-Sobradense)que algo ía pasar: de feito a miña aposta foi que morría Fidel o 23 de Febreiro (27º aniversario do "se sienten coño" de Tejero nas Cortes de Madrid). Comenteilles o Xeral, o Comandante e o Capitán que se morría Fidel estando eles alí, ían ter varios días de vacacións adicionais pois non os quitaba de alí nin a Virxe da Caridad. Fidel non morreu (polo de agora) pero a dimisión xa a presentou e o futuro de Cuba é agora mesmo unha incógnita.
Agardemos que o mando do Xeral Pazitos a Illa Caribeña sexa un país feliz e orgullosa do seu Xefe de Estado.

Saudos