venres, 15 de febreiro de 2008

Su .... madre!

Vaia día, mellor dito noite que tiven onte. O cabrón do Xsara deixoume tirado na 4ª planta do parking da Praza de Vigo en Compostela. Non quixo encender e cara que me quedou a min e a Noe era todo un poema...

Tiven que chamar a asistencia de Wintherthur (tardou unha media horiña) e logo tivo que vir outro traballador do señor da grúa para remolcar o meu coche pois a grúa non daba entrado no parking (outra media horiña).

Tívome que traer o coche na grúa para a miña casa, o tío a contar historías de como "safara" de mil e un controis de alcoholemia en Padrón, en Brión, en Boiro..., eu quería que me tragase a terra, NON ME PODÍA ESTAR PASANDO ESTO A MIN, eu fastidiado por que non encendía o coche e o tío (moi bo paisano eso sí) veña a contarme as Mil e unha Noites. Con todo esto, chegamos a miña casa as 3:00 A.M. e entre descargar o coche e tal deiteime as 3:30 A.M., a verdade é que non peguei ollo pensando no coche, é moi probable que teña un problema na inxección e estou agardando a que veña a Citroën por él para levarmo a amañar. Creo que esta fin de semana toca estar sen coche e agardemos que non sexa por moito máis tempo.

Quérolle moito o meu coche pero vaia Día dos Namorados que me deu...

8 comentarios:

Anónimo dixo...

iso pasache por burlarte de san valentin!!!juas.....
fixoche a noite!!jujujujujuju
ale... tira pa san corte ingles a ver se che venden un de repuesto!!!jjajajajajajajjaja

Anónimo dixo...

se viñeras cear xa che quedaba diante da miña casa ,por certo noparking ese non estariades coa musica e a calefacion que nos conocemos.

yoly dixo...

Vaya putadingola chico. a isto chamaselle un san valentin zafado menos mal que estabas en boa compañia, digo noe non o gruista jujujuju.
Espero que non sea nada e que o luns xa o teñas porque si non voute ver un pouco estresado juasssss.
UN BICO

Anónimo dixo...

Ai que putada! Iso pasáballe ás veces ao coche que tiña antes meu pai, dáballe a "garrotera" e deixábate tirado en calquera lado.

Vaia por Deus, co que lle debes querer ti ao teu cochecito, que te carreta o finde...que che sexa leve!

Saudos.

Pitus dixo...

Bueno,que??
Como ha ido el McLaren entonces??
Ya está arreglado o que??

Anónimo dixo...

pitus... na.....
a dia de hoy no se lo habian llevado a arreglar aun... estaba previsto q se lo llevaran a las 4 de la tarde....
seguiremos informando ya que a lato le produce urticaria hablar del tema!!!jajajajajaja

Unknown dixo...

Bueno, bueno, bueno, xa vexo que a avería dou para falar un cachiño, je je je. Logo de 320 € soltados a "toca-tella" o luns xa está solucionado o problema e listo o Xsara para novas aventuras.
Agardemos que non me toque moito "a moral" o coche senón fágolle un ticket regalo e "Au Revoir".

Saudos.

Anónimo dixo...

se tiveses un BMV non che pasaria o que che pasou. E ata podes encender a calefacción e todo...