domingo, 28 de setembro de 2008

As festas de Visantoña non son ningunha coña (ANEXO)

Por petición popular (1 persoa -Laura-) debín incluir algo moi importante cando hai uns días fixen un post adicado as festas de Visantoña (Santiso).
Pois ben, olvidouseme narrar algo moi importante e característico das festas de San Agustín; algo que cando o vin o ano pasado sorprendeume un montón pero que é unha idea espectacular e que fai de esta festas algo distinto o resto das que temos na comarca:
trátase de uns caldeiros de aceiro, estes recipientes a comisión encárgase de enchelos de "pocimas máxicas" e se pagas 15€ tes tarifa plana para toda a noite, é dicir, cada vez que vexas a alguén co caldeiro en cuestión ti chámalo estilo taxi e poderaste servir bebendo polo "cucharete". Este exercicio poderalo repetir tantas veces como queiras, e non, ti non te preocupes que se se acaba o "metílico" a comisión volve a enchelo e volta a empezar. Así toda a noite, ata que te canses, teñas sono, non teñas máis sede, non des falado ou caias de cu.
Ademáis outro dato a ter en conta e que está moi ben pensado é que os "comisionistas" van vestidos con uns peculiares pantalóns de paiasos para poder recoñecelos mellor, así non hai fallo nin da lugar a erros.
Resumindo: esto si que é un botellón en toda regra e non os que se fan/facían na "Praza do Humor" da Coruña. Ademáis este botellón é máis ecolóxico (non fan falla vasos de vidro nin de cristal e o caldeiro aproveitase máis tarde para o que se precie) polo que non xenera lixo, é máis económico (por 15€ bebes hasta que o corpo che diga "ata aquí chegamos para hoxe"), non ten final (propio dunha película de ciencia ficción o alcohol parece que se reproduce dentro do caldeiro de aceiro e nunca se lle ve o fondo) e o que é máis importante de todo, se algunha vez chegase a acabarse o "líquido" serve para meter a cabeza dentro para que os que estan cerca non te recoñezan porque che da vergonza amosar o estado emocional no que te atopas nese momento.
O dito
QUE VIVA SAN AGUSTÍN!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

jojojojo sin palabras!!!

Anónimo dixo...

O Muxico:
Esto era unha idea a lle dar ó pub mobil de Pirulo,por iso que comentas da ecoloxia e tal,do resto xa vai sobrado.je,je

Unknown dixo...

Carrizo: boa idea, o que pasa é que Pirulo é capaz de encher o caldeiro de Bacardi Limón con Cola e despois hai que beber esa dulzallada que empalaga o máis pintado..., je je je.