venres, 12 de setembro de 2008

Dance Belga, Dance Bonito

Non cabe dúbida que un dos mellores e máis comerciales Dance de Europa faise en Bélxica. Hoxe quero poñer cancións e dar uns pequenos datos de grupos reseñables de este pais incluindo videos de cancións que seguro que tod@s bailastedes máis de unha vez e o mellor algún dos temas descoñeciades o seu autor. A lista de 6 cancións que aparecen neste post son selección propia pois debo dicir que son das miñas favoritas.
VAISE ACHEGANDO A FIN DE SEMANA E TÉMONOS QUE IR POÑENDO DISCOTEQUEIROS, DISFRUTADE DA MÚSICA:



"Will I" de Ian Van Dahl, un dos meus grupos favoritos. Está composto pola vocalista Annemie Coenen e o archiconocido e polifacético productor Peter Luts.





"Surrender" de Lasgo, , un grupo moi cañeiro, ten por vocalista a Evi Goffin e como productores a Peter Luts (coma no caso de Ian Van Dahl) e Dave McCullen.


"Whisper" de Milk Inc (tamén coñecido coma Milk Incorporate). Un dos grupos máis internacionales e con máis cancións comerciais de Bélxica. A súa vocalista Linda Mertens ten o meu entender unha das voces máis doces e meliosas do dance actual. A esta vocalista acompañana coma teclistas e productores Regi Penxten e Filip Vandueren.



"Forgiven" de Sylver. Outro dos grupos máis potentes belgas, a voz de Silvy De Bie (1981) é xa un clásico das discotecas mundiais acompañada por Wout Van Dessel (1974) os teclados.



"Only If I" de Kate Ryan. Se falo de Katrien Verbeek (22 de xullo de 1980) seguramente moi pouc@s estarán a saber de quen falo pero se digo Kate Ryan todo o mundo sabería tararear 2 ou 3 cancións como mínimo. Dende o Desechanté, Libertiné ou o actual Elle Ella (versión de unha canción que xa ten 15 anos).



"So Shy" de Orion Too feat. Caitlin. A voz de Kathleen Gossens (Caitlin) ten moito que ver no éxito de esta formación.

Se vos fixades nos 6 temas a voz é feminina,queda moi claro que as mulleres para esto do Dance saben un rato largo.

Saudos discotequeiros

2 comentarios:

Pitus dixo...

Muy buena música,si señor,yo tambien soy un incondicional del dance belga y sus voces femeninas.

Anónimo dixo...

Pois tes razón, se me dis o nome real de Kate Ryan nin idea de quen é, pero coñezo varias cancións dela. De feito a última que nomeas encántame. Aínda sendo unha versión, creo que é unha das mellores cancións que fixo Kate. Ademáis está ben que sexa en francés, cando este tipo de música adoita ser en inglés, non?

Sen dúbida un bo post de cara ao fin de semana.

Saudos.