Navegando pola rede acabo de encontrar un documento que dá que pensar: na instantanea vemos a Carrizo (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón, O Muxico e Calvete) acompañado do seu inseparable Trukito fumandose uns puros habanos e rodeados de ron cubano.
Nun primeiro momento sospeitouse que a súa visita a illa de Cuba acompañados do empresario Pazitos fora debido o golpe de Estado que ían intentar para derrocar a Fidel Castro pero visto esta última foto e sabendo que estes dous homes non fuman, que lles fai mal o fume do tabaco e lles pica nos ollos e aínda así teñen esa cara que irradia felicidade...
UNHA DE DÚAS:
- Ou lles tocou a Primitiva e non dixeron nada
- Ou encontraron a muller da súa vida en Cuba e estábano a celebrar
PROSEGUIREMOS COA INTERESANTE INVESTIGACIÓN
4 comentarios:
Investiga investiga, que se o pos aquí secreto de sumario non creo que haxa jajaja.
Un saudiño!
Parecen totalmente Groucho Marx:
-La parte contratante mas la primera parte..........
jajajajaja
Déronme unha pista falsa dicindo que nesa instantanea estaban a celebrar unha noite máis de farra en Matogrande. Eu non mo creo e decántome pola opción de que lles tocou a Primitiva e non nolo queren dicir...
Publicar un comentario