martes, 30 de setembro de 2008

Volta ó tallo

Pois si, nunha escasa hora xa será mércores 1 de outubro e coa chegada do décimo mes do ano chega tamén a miña volta o traballo.
Foi un mes que pasou moi rápido, no que visitei moitas máis festas das que narrei no blog, na que tiven a oportunidade de escapar un par de días a Asturias e tamén un mes no que se trastocaron os plans de poder ir o Algarve, outra vez será...
Un mes no que ademáis puiden disfrutar das festas dos Dolores en todo o seu explendor (non coma o ano pasado que me tocou ser da Comisión) e a única pega foi que xente de Euskadi e Catalunya que realmente aprecio non puidese vir as festas. Agardemos que para o ano sexa posible.
Volvo o traballo coas pilas cargadas, coa inauguración dunha exposición medioambiental que estreamos mañá pola mañá. Con bastante traballo por diante como poñer o día de novo a oficina de turismo logo de 1 mes parada e a de comezar a catalogar os libros da biblio. O bo de todo é que mañá xa é mércores, e os días de descanso xa volven a estar a volta da esquina, ja ja ja.

Saudos laborais

6 comentarios:

Anónimo dixo...

jeje volves ó traballo pensando xa nos días libres!! Nótanse as ganas de traballar, si... que che sexa leve logo.

Un saudo.

Unknown dixo...

Hai que volver ó traballo de forma positiva, pensando xa no descanso..., non crees? ja ja ja.

Saudos

Anónimo dixo...

Así faise máis levadeiro.

Recorda: mañá o Sobrado on Tour ten unha nova etapa en Trasanquelos!! (se queredes vaia, pero eu propóñoo jejeje)

un bico.

Pitus dixo...

Es una lata el trabajar,
Todos los días te tienes que levantar,
A parte de esto, gracias a Dios
La vida pasa felizmente si hay amor.

Unknown dixo...

Vero: non me olvidara do de Trasanquelos, de feito xa levamos falando varios días da data de hoxe..., Olympus e Marbella, un auténtico festón! aló iremos se non hai mala novidade.

Pitus: esa es la sintonía de "Os Tonechos" precisamente cuando sale Tonecho a escena (un tío que no rasca palanca), ja ja ja.

Anónimo dixo...

Que va a rascar palanca!! Con decirte que se levanta a las 4 de la tarde y va todo el día vestido de pijama... disposición de trabajar, como que no mucha...

Víctor: pois si, menudo festón nos espera esta noite. Alí estaremos (se non hai cousa mala).