xoves, 18 de setembro de 2008

VÉSPERASSSSSS!!!!



Chegou o día, chegou a romería (nunca mellor dito), por fin chegaron as agardadas vésperas, a partires de hoxe as bombas de palenque, os vidros (baleiros ou cheos) e a música (¿que sería de nós sen ela?) adquiren o máximo protagonismo. Para celebrar este ansiado día deixo a pegadiza canción de "Never Surrender" dos 2 Unlimited que data de 1998.
Dicir que este tema é interpretado pola nova formación dos 2U (estas dúas mozas foron elexidas nun casting polos fundadores Ray e Anita), que asumiron o protagonismo do grupo algún tempo debido o parón que decidiron tomar R&A temporalmente aló a finais dos 90.

Agardo que vos guste e se podedes bailade coño! que para eso é a musica!!!!

DOLORES 2008, AHÍ ESTAMOS!

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Tes razón, hai que bailar mentres se pode e desfrutar da música, que a ver que sería de nós sen ela!
Eu agora estou escoitando merengue, que pa bailar tamén vale ben, non? jeje

Un saudo.

Anónimo dixo...

Vero ti eres das miñas! gustame todo tipo de música, pero a salsa, bachata, merengue...se me van os pes al oilas non o podo evitar.

Victor, que tal nas festas? Seguro que destroller total, jajajaja

Saudos

Sara

Anónimo dixo...

jejeje si, eu como escoite música así non pode evitalo, aínda que estea sentada os pés móvenseme igual jejeje.

Saudos.

Anónimo dixo...

a resaca debeu de ser boa ;))

Anónimo dixo...

a resaca foi tan boa que xa estamos a martes e victor ainda non puxo a cronica dos Dolores....oubo de todo.....liortas, camions que ouberon quedar atascados nos camiños, discusions varias (a orquesta vai aqui porque dijo eu e punto!!)algo de choiva...e mais q nada festa a rachar...musica ata as mil e unha e alcohol (do resto mellor non falar) coma se o regalaran....
espero a tua cronica Lato!!!!!

Unknown dixo...

Hola, boas a tod@s, disculpade polo retraso. Si a verdade é que os Dolores fixeron mella no persoal (entre os que me incluo)e aínda estamos en fase de recuperación. De todos os xeitos hoxe hai moitas posibilidades que visitemos a festa de Mesía con MARBELLA E FANIA BLANCO SHOW (prosegue o Sobrado On Tour 2008).
A verdade é que nos Dolores houbo de todo (as liortas non as vin, oin algo, pero creo que foron rapaces novo que non eran do pobo e a cousa afortunadamente non pasou de uns pequenos golpes), estivo moi ben e a diversión foi a gran protagonista xunto co calor (incrible) que facía venres e sábado noite.
Para máis datos, un observador e analista recoñecido como é o gran José Manuel Tarrío chegou a dicir que non facía tanta calor nos Dolores dende o ano 1834 (estou con él).

Saudos e xa irei desgranando as festas a pouquiños.

Saudos e grazas por estar sempre ahí.

Anónimo dixo...

Vas poñendo as crónicas das festas por etapas para que non nos saturemos non? jejeje Ai mamá, o que debestes festexar!!