Esa foi a frase que Álvaro repetiu toda a fin de semana sen parar, pois fíxonos moitísima gracia. Penso que a debeu dicir unhas 87 veces aproximadamente. O refrán en cuestión saiu da boca de Seve (un entrañable camareiro en idade a punto de xubilarse do Bar Restaurante El Puente), por riba cun acento asturiano moi marcado a verdade é que a frase soaba xenial;mentres ceabamos o venres e estabamos a dar boa conta da sidra.
De feito levou un bo repaso, e para acompañar o café eu decidinme polo licor café que aínda que non é coma o galego tampouco estaba mal. Coma nas grandes citas, a pesares de que a maioría dos homes da pandilla non somos fumadores decidimonos a fumar non unha, senón duas farias que maldita a hora en que elexín fumalas, fora mellor que estivese quedo.
Vou obviar a broma que me gastaron os señores Álvaro Castro "Profesor Miyagui", Miguel Sánchez "Finito" e Pablo Calvete "Carrizo" cambiandome a maleta de coche sen eu enterarme na metade de traxecto logo de unha parada para tomar unha cervexa en dirección a Oviedo. A cara de dúbida e mal rollo pola falta da maleta que me quedou cando mirei o maleteiro do coche de Álvaro foi evidente. Eu estaba seguro que metera a maleta. Estes simpáticos chavales cambiaron a miña maleta para o coche de Pichi mentres eu pagaba no bar que paramos..., AINDA DEUS NON É VELLO!
Logo da cea dirección calle Mon, pouca xente para ser venres pero a nós como que nos dou un pouco igual e disfrutamos da noite. Incluso Álvaro e Pichi tiveron tempo para facer uns "cameos" coma gogos nun pequeno púlpito que había nun dos locais.
Sábado o mediodía fumos directos para a Rúa Gascona "El Boulevard de las Sidrerías" e logo de comprobar que o Tierra Astur estaba petado fumos a outra sidrería ó lado para poder comer. Logo da comida paseo pola zona antiga (sen pararse moito a verdade sexa dita) e para o hotel a descansar un cacho (algúns que eu me sei tiraron de julepe en plena habitación do hotel), ducha e directos para Colloto para o Tierra Astur Aguila. A foto que está posta ahí arriba é o corredor que leva os barrís onde ceamos. Son verdadeiramente grandes, comimos 10 persoas sen estar apretados e a verdade é que están a unha altura considerable.
Logo da papatoria do sábado de novo visita a calle Mon para ir de festa e darlle a despedida que se merecía a noite ovetense. Bo ambiente, moito chupito por ahí e pouco Trina, de feito non atopamos ningún local que tivese Trina Laranxa (o curioso é que si que tiñan Trina Mandarina). De todos os xeitos dimos boa conta dos licores dos pubs, e entre copa e copa aumentaba o número de veces en que saía a frase "Con Fabes y Sidrina nu hace falta gasulina", sobretodo saindo dos beizos do Profesor Miyagui.
O domingo a eso das 14:30 horas abandoamos o hotel para dirixirnos a casa de Carol que amablemente nos fixo unhas tortillas moi ricas acompañadas de un xamón excepcional, pementos, aceitunas e demáis, así da gusto Carol, que maravilla chica! eso é hospitalidade e o demáis son tonterías. Na porta do piso esperábanos Pichi coa portada do Marca que pensei que me ía mal: "11 amiguetes" en relación o partido do Real Madrid fronte ó Real Valladolid. Debo dicir que Pichi é "merengón" pero a crise da Casa Blanca levaa bastante ben (polo menos de momento...).
Logo da comida, charlas e vaciles varios, Álvaro que probou as comodidades dun sillón multiusos que Carolina ten no piso e a eso das 17:30 emprendimos de novo rumbo a Sobrado. Non se me fixo longo a viaxe de volta e as 20:50 horas estabamos de novo na casiña. Foi un finde que estivo moi ben, rimos moito e o máis importante é que lle fumos dar apoio moral a Carolina agora que está na última fase para o MIR. Ánimo Carol que xa falta pouco para o 24 de xaneiro.
PUXA ASTURIES!
12 comentarios:
Non perdedes unha...eh Victor!!! facedes ben, que ca..llo!!! jejejeje.
Todavía e moi cedo, pero unha tapiña de fabes...non viña mal non!!
Saudiños, Sara
A verdade é que sempre que se pode liamos algunha... je je je. As fabes asturianas entran xenail, se poden ser con ameixas mellor e se de paso se pode regar con unha pouca sidrina... Chapeau!
Saudos
bueno porras!!!!!!!!!!!Vitiño non puxeches que o viernes estabas pouco falador jejeje, a verdade e que o pasamos moi ben(agradecese moito unha visita dos amigos no medio de tanto estudio) e unha pena q dentro de dous mesiños xa marcho de Asturies, ainda que a verdade prefiero estar ahi e vir toma-las sidras de vez en cando.
e xa sabes sigue asi q eres o meu idolo, dende esta fin de semana temoste tan alto jeje......
un besin, carol
Hola Victorioso.Dicir que a fin de seman foi ben aproveitada por todos,pero xa non digamos por ti,je,je.Dende agora sabes que te miraremos doutro xeito,o teu caso e digno dun estudio,por que tres sin .....onar_____ .Contenta debes de ter a Noemí.
Nada máis, aproveito para dende aquí saudar a Carol e que o pasei moi ben en Asturies coa súa compaña
O Muxico
bueno, o que ten que leer unha.....mira que virme enterar destas cousas....
este muxico....que prisa teria poñer eso aqui....
jajajajaa
haberá q preguntarlle a Noemí se é certo.......jajajjaja
olaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!bueno......soys todos la leche eh!me alegro mucho de que lo pasarais tan bien.
un bsazo enorme a karol,ke en dos meses ya estas aki de nuevo y ya veras komo te va a salir to mu bien y vas a tener muxa suerte ke t lo mreces xurriña!
bsissssssss pa tos
Xa estamos!! o que fai o alcohol! o que da de si unha confusión..., manda carallo, a Álvaro voulle pagar unha consulta no otorrino para que amañe os problemas de oido que ten!
A coidarse
Home Vitiño!!!
Xa pensei que abandonaras o teu blog, claro seguro que te estiveches recuperando do finde, je je je!!!Xq eso non o podes facer con frecuencia(xa sabes o de viaxar tanto, je je je !!!).
O dito que "CON FABES Y SIDRINA NU HACE FALTA GASULINA"(pero ponche o estomago que flipas);eso que o pasamos xenial e non nos mancamos que é o máis importante.
Ante todo moito ánimo para CAROLINA que está esforzandose moito.
BUENO PORRA!!!!!
Lato,Fin de Semana de esqui alpino por lo que leo,jajajaja....
Un saludo a toda a xente de Sobrado,en especial a Carolina de "Mónaco" y a Finito de Córdoba,digo...de Vilariño.
Álvaro: ti es moito ti..., mañán colleja! ocúrreseme unha ampliación do refrán (a verdade é que non me matei moito a pensala): "Cun fabes y sidrina nu hace falta gasulina cuandu visitamus a Carulina" ja ja ja.
Pitus: no les hagas caso a estes personajes que se aburren más que yo que sé entonces ya sabes lo que hace el aburrimiento..., uno no puede ni dormir una siesta tranquilo!
Saludos
Mira q ben o pasa Vitiño pensando refrans eh!!!!!!!!!!!!
a verdade e q o conto dou q falar, e como xogar o telefono estropeado, ti dis unha cousa e xa esta Alvaro pa darlle mil voltas jeje........
gracias polos animos e moitos besines dende Asturies!!!!!!!!!!
A que si Carol??? ja ja ja, bueno, o dito, que o leves o mellor posible. Xa queda pouco, o que che dixen o outro día o peor xa está pasado, nin exame nin leites fritas (eso está aprobado). O 24 de xaneiro festa por todo o alto, je je je.
Coidate
Publicar un comentario