luns, 10 de novembro de 2008
Invocando a Supernova
"Sweet Dreams" LA BOUCHE
"Tell Me The Way" CAPELLA
"Mr. Vain" CULTURE BEAT
"Move It Up" CAPELLA
"Run Away" MC SAR & THE REAL McCOY
"The Rythm Of The Night" CORONA
Corre o rumor por Sobrado de que nun espazo de tempo máis ou menos curto a Discoteca Supernova, logo de 13 anos parada voltaría a ter actividade os venres, eso sí logo da pertinente reforma.
Ogalla así sexa e estes rumores pasen a ser unha realidade que lle daría novos pulos a Sobrado e a toda a zona. Unha zona que non ten un referente para a marcha nocturna dos venres téndose que desplazar a Coruña ou Santiago con todo o que elo supón: coller o coche, ter cuidado co alcohol, as consumicións máis caras, etc, etc, etc.
Coma homenaxe a esta xa histórica Sala de Festas-Discoteca que foi bautizada co nome de Orbita 4, logo chamouse Vértice para ter como derradeiro nome comercial Supernova deixovos unhas cantas cancións da última época da discoteca que soaban con moita forza.
Saudos discotequeiros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Non sei se o rumor voltou coller forzas, pero as miñas ultimas informacións falaban de que se quedara todo en augas de borralla porque non chegaran a acordo e que os interesados colleran outra opcion.....pero se cadra ti sabes algo mais que sempre estas "bien informado"
A verdade é que é unha pena ter unha "peacho" disco ahi parada e ver como se vai a merda dia tras dia despois de todo o que pasamos nela.....porque pra min si que foi un dos lugares que deixaron "huella" na miña vida...
Claro q despois meu irman tamen facia de disc-jokey (daquela diciase todo, nada de DJ) na casa con su radio cassete doble pletina...jajajajjaaja
por certo lato....faltouche a mitica cancion de peche...
THE FINAL COUNTDOWN!!!!!!! (despois virian outras pero esa era obrigada)
A derradeira información que teño eu é de hai 2 semanas e constame en primeira persoa que a xente que tiña intención de re-abrir a discoteca seguía cos mesmos ideais, eso sí, non sei se de dúas semanas para esta parte cambiou algo o tema.
Eu tan só "mamei" a derradeira etapa da Disco pero era espectacular a de xente que se xuntaba os sábados noite eiquí en Sobrado con SuperNova, Disco Plaza e o Pub San Marcus en plena apoteose. Que lástima que todo esto agora esté parado. O que daría eu por ter marcha no pobo!.
Teu irmán sempre foi un crack e a música perdiao de tal xeito que ten chupado mil e unha broncas por parte de túa avoa por estar sempre coa minicadena enchufada: "José Ramón, queres baixar a música", "José Ramón, a ver quen paga a luz cando veña o recibo...", je je je. Grande Avelina.
The Final Countdown, unha das miñas favoritas, por non decir a canción da miña vida. Penso que Emilio Tato, Nando e eu debimos interpretar esa canción nos festivais de fin de avaliación unhas 4 ou 5 veces polo menos. Para nos tan so existía Europe e nada máis! je je je.
Esta claro que de aquela aínda non existía o "Quiero ser como Peke" senón xa dubidaríamos un pouco máis cal interpretar..., je je je.
Saudos
Polo que vexo a ti o "Quiero ser como Peke" mátate eh!! jeje
Esperemos que si que abran para que poidades volver rememorar as noites que pasastes nela.
Saudiños!
Qué Deus te oia!!!! podería ser todo un puntazo para esta zona. Xa teríamos plan para os venres sen necesidade de rompernos a cabeza pensando a onde ir. Polo menos de inverno; no verán xa é outra historia!!! ja ja ja.
Mira, aínda que só sexa por estar ó lado da casa e non ter que coller o coche xa merece a pena, créeme! Así que a ver se tedes sorte!
Publicar un comentario