Por fin teño a "caixa de cerillas". Dende hoxe e xentileza de Groupama disporei dun Citroën C2 ata que me arranxen o meu querido Xsara. Debo confesar que me sorprendeu o coche pola maravillosa e suave conducción que posue, ademáis ven bastante ben equipado. Para aparcar é una maravilla (case ocupa tan pouco coma un sen carnet) e por riba xa teño unha persoa na casa que se namorou do dichoso coche (miña nai) que di que lle gustaría un así pequeniño para ela.
Pois eso, que xa teño transporte (que non maletero) que me carrexe de un lugar a outro. Algo que estos días votei en falta porque o Ibiza de meu pai non é o que se di un prodixio da tecnoloxía aínda que sí do ximnasio (vaia brazo estiven facendo estos días co dichoso volante...).
E sí, debo admitilo..., GÚSTAME CONDUCIR.
P.D.: ESTA NOITE TODO O MUNDO Ó MAGOSTO QUE ORGANIZA A COMISIÓN DE FESTAS SOBRADO 2009. A VELADA ESTARÁ ANIMADA POR UN DÚO, É DICIR, FESTA RACHADA ATA MOI TARDE...
4 comentarios:
Meca! Entereime tarde do magosto, a ver se para a próxima non se me pasa jejeje
Veña, saúdos e a pasalo ben con ese coche novo. ^^
E non se che fixo raro a primeira vez que montaches nel, acostumado a conducir un xsara? Eu se agora teño que conducir un cochecito tan pequeno non sei se me acostumaría jeje. A min non me gustan tan chiquitos. Agora, iso si, o de que é unha maravilla para aparcar créocho ben!
Un saudiño.
Por certo, eu tamén debo admitilo: ENCÁNTAME CONDUCIR!
Pepetrola: o vindeiro evento poñereino con máis tempo de antelación para que se entere o maior número de xente posible.
Vero: fíxoseme raro sobretodo a hora de aparcar porque o outro día "incrustando" o coche nun aparcamento pintado no chan case collía outro C2 máis no sitio de un..., je je je. Eso sí, a conducción é maravillosa.
Publicar un comentario