luns, 10 de novembro de 2008

Oviedo agárdanos

Teatro Campoamor
Sidrería Tierra Astur


Bonita foto de Oviedo Nocturno


A Rúa da Gascona (a das Sidrerías)


Catedral de Oviedo





Estatua de Woody Allen




O Real Oviedo 1991/1992 que xogou a Copa da UEFA
A vindeira fin de semana temos excursión e das guapas. Como lle prometimos a Carolina hai uns meses o venres arrancamos dirección "Asturies" para facerlle unha visitiña todo o fin de semana, co fin de dar o noso apoio para os poucos meses que lle quedan para acabar o M.I.R. (e de paso pegarnos unhas festas colosais), je je je.
A cousa promete, voltaremos a Sidrería Tierra Astur do Polígono Industrial de Colloto que tan bos recordos nos trae da despedida de Pirulo; e Carol xa me confirmou que tiña reservado un deses inmensos barrís nos que se cea "inside" para o sábado noite (a frase "ábrele al grifo" dame a min que se repetirá infinitas veces). A ver se non nos pasa coma da outra vez e non damos atopado a saida..., verdade Finito?
Creo que a sidra volverá a levar un bo repaso, xa só de pensalo medo me da..., ademáis os personaxes que participamos do evento seguro que poñeremos o listón moi alto.
Aviso xa os compañeiros cos que tan agradablemente comparto xornadas gastronómicas entre semana que traerei sidra ademáis de un preparado para facer "fabes" como Deus manda. Así xa temos outra excusa máis para montar outra das nosas. A ver se non deriva nunha partida de cartas de estas que acostumamos a xogar últimamente...
Polo tanto e facendo un pequeno resumo: venres festa de recibimento, sábado, polo tarde de momento está en interrogante e pola noite cena que pode ser a bomba e logo festa para conmemorar que o día seguinte non se traballa..., e por último domingo volta as Galias agardemos que coa satisfacción do deber cumplido: deixar o pavillón de Sobrado ben alto para que logo os veciños asturianos non digan...
Saudos








8 comentarios:

Álvaro dixo...

ABRELLE AO GRIFO JEFE!!!!!!! Vaia broma, outra vez camiño de Asturias (que recordos eh!!).Creo que vai ser un finde que dará que falar.
Acordate de levar o GPS para salir da dichosa sidrería JE JE JE!!!!!!!

Anónimo dixo...

olaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!jolin,k penita,el viernes estaba algo paxuxilla y no baje al magosto!!!!!jo........Bueno,pos na xikos,pasarlo mu mu bien por Asturias y darle rekuerdos a karolina.AH!y kon sentidiño en e coxe eh!

venga.........bsiños pa kien los kiera.jeje

xao!

Unknown dixo...

Álvaro: que tal por Antas de Ulla? agardo que ben, seguro que a excursión desa xentiña caerá antes do verán... levarei o GPS pero sobre todo A MALETA! moi importante A MALETA! non me pode esquecer A MALETA! debo acordarme que antes de sair da casa debo coller A MALETA! se quero ter unha boa fin de semana A MALETA debe vir comigo a Oviedo. E ante todo so pido que cando abra o maletero do coche a miña MALETA esté alí.

Lorena: estuviste chunguilla o que? vaya por Dios, hubo muchas castañas pero no solo de comer, sino también alguna que se pillo por ahí..., je je je. Intentaremos pasar de cine (Oviedo es una ciudad muy cinéfila) y le daremos recuerdos a Carolina aunque a lo mejor ya lee tu comentario y ya los recibe directamente, lo que pasa es que es una chica tan tímida que no se atreve a escribir, estas futuras doctoras...
Sentidiño nosotros siempre.

Besos

Anónimo dixo...

ala ai vai!!! outra festa mais "pa la buchaca"
alegrome de que desta vez teñas ben presente "LA MALETA" (fixo q a volves a eskecer!!jajajaja)
Bueno pois nada, q o pasedes ben, a carolina dicirlle "NENA LO QUE TE ESPERA" (ainda q xa sabe ben o que hai) e a ti LATO dicirche que agardaba unha cronica detallada da noite do magosto....pero en fin terei que quedar cas ganas por non estar pa "sufrirlo" en directo...

Anónimo dixo...

Wuenaaasss!!!!!!!!!!
Tiene tela telita esta gente de Sobrado que se mueve mas que los precios jejejejej......Pues nada a disfrutar del finde.
Cuidaros mucho.
Besos y recuerdos de Juan y Silvia (BCN)

Unknown dixo...

Nishita: penso que a partires de mañán mércores voulle atar unha goma a maleta e vouna entrelazar coa miña man aínda que teña que durmir agarrado a maleta como durmin agarrado hai anos o manillar da miña primeira bicicleta para que non se me enquenza e o venres arranque cara Oviedo con "todo incluido", ja ja ja.
Do Magosto dicirche que as castañas estaban moi boas, que facía moito frío, que había un can que estaba abandoado e pelaba as castañas coas patas para comelas (nunca na miña vida vin eso nun animal... que non sexa un ser humano), que houbo partida dura de cartas ata non sei que hora e que sei de un que deixou a bo recaudo unha botella de Abadía da Cova Licor Café de Ramiro, así estaba o día seguinte..., e verdade, que firmamos para o sorteo dos "porcos vietnamitas" pero non houbo sorte. Outra vez será...
Silvia: la gente de Sobrado si tuviese ruedas no creo que se moviese más!!!! je je je, la verdad es que quietos es raro que estemos, sea a nivel municipal, comarcal,provincial, regional o nacional, ja ja ja. En vez del Sobrado On Tour este invierno haremos el SOBRADO ON MOVE ja ja ja.

Recuerdos para la parejita!

Anónimo dixo...

O que ten que molar cear "inside" do barril ese!!

Pasádeo ben (que non dubido que o faredes).

Bicos.

Unknown dixo...

Xa ceamos ó lado do barril e está moi guapo, non me quero imaxinar dentro. Levarei a cámara para dar mostras delo e de paso contarei a experiencia en primeira persoa.

Saudos