mércores, 5 de novembro de 2008

Palabras Ambigüas

A raiz dun comentario anterior que deixou Sara sobre os diferentes usos do "carallo" (quero dicir da palabra en sí) véuseme a cabeza a infinidade de significados que ten a palabra "melón" ademáis de froita comestible.

Vexamos alguns exemplos:

Es un melón: Es un tonto.

Esa tía ten uns bos melóns: Esa tía ten uns bos peitos.

Aparta o teu melón da ahí que non vexo a televisión: Aparta a túa cabeza de ahí que non vexo a televisión.

Diarra mandoulle un melón a Van Nistelrooy: Diarra mandoulle un mal centro a Van Nistelrooy.

Que tal estás melón?: que tal estás rapaz?

Non val un melón: non val un "peso" (agora céntimo).


Non sei se coñecedes algunha frase máis na que se poida poñer a palabra "melón", de ser así poñedela eiquí se vos parece.

Saudos

6 comentarios:

Anónimo dixo...

so se me ocorre a tipica fraseciña de cando contestas o teléfono e xa sabes quen é
"diga melón".....sin máis comentarios..

Anónimo dixo...

pos yo digo..........corazón de melón cariñosamente,aunke no se si m lo inventeria yo eh!!!no m agais muxo kaso.JEJEJEJE

BSIIIIIIIISSSSSSSSSS

Unknown dixo...

Nishita: non cabilara nesa frase típica dos grandes Martes y Trece (Josema e Millán ou Millán e Josema). De feito incluso eu algunha vez por facer a gracia o digo.

Lorena: eso es muy romanticón..., ja ja ja. No te lo inventaste, incluso hay una antigua canción que dice: "corazón de melón, de melón, de melón, melón, melón, melón, melón, corazón, de melón" (como ves una letra muy profunda y trabajada...) ja ja ja.

Besos

Anónimo dixo...

a min se me ocorre....cara de melón!

Anónimo dixo...

Vaia, parece que o chiste do carallo vos fixo pensar jeje. Tanto as frases do melón coma as que puxestes sobre o carallo son ben simpáticas, rinme moito jeje. Pero vai gañando por goleada o carallo...

Unknown dixo...

Anónimo: pois si, ves outra frase da que non me acordaba pero que si que teño oido algunha que outra vez.

Vero: as do "carallo" (con perdón) son espectaculares...,ja ja ja.