mércores, 19 de novembro de 2008
Por fin comezaron as obras...
O pasado día 17 cumpreuse un mes do accidente. Logo de diversos cambios de pareceres co seguro (eles querianme dar o coche por siniestro e eu negueime en todo momento pois o golpe so foi frontal e non afectou nin a chasis nin a motor e so hai que cambiar pezas) eles abónanme unha cantidade polo golpe e eu poñerei o resto. Ademáis teño que cambiar de seguro o aceptar eses cartos pero polo menos non me vou de vacío.
A verdade é que teñen que pasar as cousas para que saibas como funcionan algúns entes coma por exemplo o dos seguros. É de coña, un golpe frontal, no que saltan só 2 airbags, tan só hai que reparar pezas do lado dereito do frontal (o esquerdo está intacto), non rompe ningunha luna e só hai que reparar a aleta dereita e quérenmo dar siniestro... SE NON LLE TOCOU O CHASIS NIN O MOTOR! pero bueno está claro que se o coche tivera dous anos ou tres xa non estariamos a falar de esto porque pola conta que lle corre o seguro habían de querer arreglalo senón a indemnización non ía ser pouca. Así funciona esto... e o problema é que están amparados pola lei polo que teñen a sartén polo mango. Dende un primeiro momento dixen que o meu coche ía voltar para a casa e así ha de ser. Polo momento xa o luns comezaron as obras (arreglos) e agardo que nun prazo de 2-3 semanas o meu Xsariña regrese a casa polo Nadal...
Saudos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
7 comentarios:
con dos "cogones" lato!!!
oiches se keres douche o numero dunha veciña de présaras residente en curtis que traballa nunha correduría de seguros....jajjaajaja non é coña eh!!! que che falo en serio....
pos se o teu o dan por siniestro o meu "cocheritoleré" que lle farian!!!jajajajajaa enterranme con el...jajajajaja
animo e avisame mañá que che paso o numero de angeles!!!!
je, je, je, grazas pola axuda pero xa teño a SEGUROS HASSAN funcionando a tope para que me busque un seguro "bueno, bonito, barato y que no sea borde", ja ja ja.
Polo que respecta o teu debo dicir que os 205 son unhas maquinas, teñen un xenio..., o meu "león" ruxía que daba gusto! era moito de Dios!
Saudos
Tengo entendido que el coyote cuando desistió de cargarse al correcaminos intentó lo propio con un Peugeot 205 y tampoco fué capaz.
olaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!11pos me alegro muxo por ke tu sxarita vuelva a casa........por que la verdad es que es un coche PRECIOSSSSSSSSISSSSSSSSSSSIMO!!!!!!!!el mejor coxe del mundo,verdad???!!!!!!!!!!!!!JAJAJAJAJAJAJAJAJA
BSIÑOS pa kien los kiera
Pitus: es que ya no fabrican coches como los de antes...
Lorena: los Xsara se salen, te informo que hay una web que se llama www.xsarausuarios.com que seguramente a ti a partir de ahora te vendrá bien revisar de vez en cuando. Te vas a hacer especialista en la materia. Bss.
Ai que ver! De todas formas, agardo que saíras coa túa jeje e aínda que teñas que cambiar de seguro, o teu cochecito volva como o almendro, a casa polo nadal.
bicossss
Xoves creo que é o día. Por fin o Xsara volta a casa (xa era horas).
Saudos
Publicar un comentario