luns, 24 de novembro de 2008

Que o beban eles!

O venres puidemos contrastar unha vez máis que a zona de copas máis coñecidas da Coruña, o Orzán é un dos lugares de Galicia onde peor calidade de alcohol hai ou o que é o mesmo, dan un garrafón "alcohol das feridas" escandaloso. Teño saido en moitos lugares de Galicia e a verdade é que ó Orzán é o peor no que a garrafón se refire.Sinceramente é sangrante! Non se dan conta da mala imaxe que proxectan da cidade os empresarios dos pubs?, moita xente de fora dira "en Coruña dan un garrafón de escándalo", cando verdadeiramente non é así, porque que sexa esa zona en concreto non quere dicir que pase o mesmo en toda a cidade pero o ser humano tende a xeralizar e como é normal todo o entorno acaba saindo perxudicado.

Non pode ser, un día os empresarios dos locais desta zona van levar un disgusto pois a alguén esta "piltrafa" que poñen por bebida lle vai sentar mal en serio, vai ter que ir para ó hospital e van ter que pagar a base de ben. Unha cura de humildade non lles viría mal. Eu escarállome con esta xente que se quere poñer rica en dous días, debe pensar que a clientela é tonta, así lles luce o pelo, o venres había moi pouca xente, penso que de todas as veces que sain no Orzán xamáis vin tan poucas almas, e teño ido incluso algún mércores. De verdade que da que pensar.
Curiosamente hoxe falando con unha amiga comentoume que o venres foi a Carballo e que había xente a tope; coincidencia?, pode que non, o mellor resulta que a xente está de volta e esta comezando a castigar e estes empresarios de medio pelo.

Logo de cear na casa de Pichi decidimos ir a tomar unhas copas a Matogrande, concretamente o "Car Coffe" e a verdade é que ademáis de estar moi ben postas (exprímenche o zume de laranxa ou limón dentro da copa e untan o borde do vidro coa froita) estaban moi boas, como debe ser, xa non falo de prezos, dame igual, eu prefiro pagar 2 euros máis pola copa pero que non che metan "metralla" que mata as ratas.

O cambiar para ó Orzán comezou a debacle: primeiro fumos ó Tandem e os meus compañeiros dixeron que non lles gustaba a copa (eu a verdade é que alí non notei nada), cambiamos para Mosquito e alí tomamos a mellor copa da noite para o meu gusto, pero o seguinte garito foi Studio 80 e a verdade é que aquela levantaba a un vivo, que malas estaban!!!, eso non pode ser. Seguimos ó Vintage e alí regulín regular, nada do outro mundo, máis ben tirando a cativa a calidade. Para rematar fumos a Garibaldi e máis do mesmo (ó único lugar onde había xente), un desastre.
Calqueira día que saimos en Melide (por poñer un exemplo) todos nos temos moita mellor cara e non temos que recurrir a pastillas contra a dor de cabeza nin ter ardores de estómago continuos, ó sabado tivemos que tirar de botica e todos nos pareciamos un cadro de dor no piso de Pichi, feitos polvo e sen gañas de nada.

A maioría dos señores que rexentan os pubs do Orzán deberían controlar a calidade das súas copas pois un día van levar un gran hostión (perdón pola expresión):

A receta é facil: pides un cubata e un auga. Bebes a auga e o líquido do cubata antes de botar o refrixerio valeiralo na botella de auga, lévalo a analizar a un laboratorio e se o alcohol (en teoría) non ten a composición que debería ter pódelos denunciar e caelles o pelo.
Sinceramente, a vindeira vez que saia no Orzán e moi probable que ou ben non beba alcohol ou se o bebo sexa en cervexa (agardo que non consigan facer garrafón da cebada, xa sería o último).

Agardo que as cousas cambien senón moitos de estos señores poden ir collendo as maletas cara os seus fogares. Eu vexo ben que queiran gañar cartos, coma todo o mundo, pero por favor, que sexan honrados e non rouben, porque engañar, tamén é roubar, que non se olviden.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

E o peor non é só que enganen, é que están a xogar coa saúde da xente. Os expertos levan anos poñendo o berro no ceo dicindo que cada vez rapaciños máis novos presentan problemas cerebrais e de conducta derivados do alcohol... é que beber, hainos que non beben pouco que digamos, pero se aínda encima lle angadimos que beben "isto"... non sei de qué nos estrañamos.

Se decides facer o da botella de auga e levalo a analizar apláudoche jejeje. Estaríalles de pm.

Un saudiño.

Álvaro dixo...

ANIMALIÑO!!!!!!!Se beberas auga coma os teus colegas xa non tiñas eses problemas; pero ti a auga NO LA QUIERES Y NO LA QUIERES Y AL CARA..O!!!!!!!!!

Unknown dixo...

Toda a razón do mundo Vero, esta xente un día vaise enterar, ó tempo...

Alvaro: xa vin a auga que bebiche ti, durmin no sofá de Pichi media tarde.
Por certo, xogado tamén o sábado pola tarde na Play de Pichi: Manchester United 1 (Tévez min. 42) - Chelsea 0, ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja.

Unknown dixo...

ACLARACIÓN: donde dixen "durmín", quería decir "durmindo" (ti Profe).

Ala a coidarse

Anónimo dixo...

non é p or nada pero se a foto é da "susodicha" noite do venres...a cara de máis perxudicados (e non de beber auga creo) teñena Alvaro e máis Pirulo...ainda que este último ten cara de perxudicado en todas as fotos en que o vin...bueno igual era porque en todas andaba de "fiesta jolgorrio" jajajajaja

Raquel dixo...

Hola!

Eso que pasa del 'garrafón' por ahí, tb pasa por aquí en algunos lugares. En mi opinión, eso y que te cobren 5 € por una cerveza es lo que te hace pensar que cada vez que sales alguien se rie de ti a la cara. Y sinceramente, a mí me hace sentir fatal. Pero en fin, hay que probar para despues saber elegir donde queremos o no ir.
Aprovecho este foro para recordar a todos/as que hoy es el Día Internacional contra la violencia hacia las mujeres. 'Ni una más'.

Y hablando de violencia, tb me gustaría condenar desde aquí el episodio pésimo que ha puesto a esta zona coruñesa de las 'bebidas de garrafón' en todos los telediarios de ayer. Esa 'burrada' de paliza propinada a un chaval durante la noche del sábado por unos cuantos 'sin cerebro' supongo que manipulados por otros cuantos jetas que se creen los 'amos' de la calle. Qué ignorancia.
Por desgracia no es el único lugar donde estas cosas pasan. Pero jode que se asocie con nuestro pueblo, verdad?
Así que, difrutemos, pasémonoslo bien, hagamos el amor y bebamos cubatas en condiciones (y si no, uniros al club de la cerveza, que no suele fallar).

Un saludo.

Unknown dixo...

Nishita: a foto é do fin de ano pasado e era o principio da noite, non creo que estes rapaces dos que falas presentaran síntomas de embriaguez... ou sí? ja ja ja.

Raquel: las imágenes que salieron del Orzán estos días son patéticas y lo único que hacen estos "chavalitos" es poner a toda una ciudad a la altura del betún. El buen nombre de Coruña no puede quedar manchado por culpa de estos energúmenos (y me refiero a los que se pelean y también a los dueños de los garitos que contratan a matones), Coruña es una ciudad preciosa y algo más que 4 gilipollas a golpes.
Relativo al Día Internacional contra la Violencia de Género ya he insertado un post para dar opiniones, yo digo: QUE JAMÁS SE REPITA UN EPISODIO DE ESTE TIPO!

En cuanto al Club de la Cerveza (Beer´s Club, je je) no está mal la idea lo que pasa es que a mi toda una noche a garimbas me satura.

Besos para Euskal Herria.

Anónimo dixo...

ah!!!!!!!! so xogamos ese partido? eu tamen xoguei eh! veda que si, vitiño??
FINITO

Unknown dixo...

Finito: si home si, ti tamén xogache, gañacheme ti co R. Madrid e eu con un Deportivo que sufriu un colexiado riguroso con 3 expulsións, aínda así o Depor aguantou ata á prórroga.
Logo gañachesme co Barça contra o Atlético con Forlán que tirou ata 3 veces o pao e Kun Agüero fallando uns tiros que parece mentira que sairan fora..., sorte??? NO QUE VA!!!

ja ja ja

Pitus dixo...

Yo a veces dudo si lo que me estan echando en el cubata es Varon Dandy o Brummel,por que lo que no dudo es que es colonia y de las baratas.