Foron 4 meses de moitas festas, chegamos a infinidade de lugares, tan só houbo unha provincia galega (Ourense) que non pisamos en ningunha ocasión. Incluso houbo festas as que fumos e non contabilizamos.
O verán 2008 tróuxonos moitas sorpresas agradables no que a orquestras se refire. É incrible ver como a grande maioría das formacións incrementan a súa infraestructura de ano para ano. Por un lado entendo que suban os prezos debido o grande desembolso que fan ano sí e ano tamén (na súa meirande parte) pero por outro non pois hai moitos pobos pequenos ós que as cifras que están a acadar as orquestras son altamente prohibitivos polo que existen comisións que teñen que renunciar as formacións soñadas.
Este é o meu análise persoal das diferentes formacións que vin:
Mellor orquestra: PANORAMA, este ano raiou moi por riba do resto, xa non só polos seus dous espectáculos do 20 aniversario senón pola posta en escea en xeral. O esceario reformado é realmente bonito e ten moita máis luz, ademáis voltou Diana, unha gran artista con unha excelente voz. O número de Disney é sinxelamente colosal e a canción de Whitney Houston que interpreta Irene e na que Andre fai un número de "performance" excepcional e o alcance de moi poucos colman o 1º posto de unha orquestra que non para de medrar a todos os niveis.
Peor orquestra: S.L. AMÉRICA, playback sen tapuxos de auténtico escándalo, ruido (que non son) estrondoso. Con tan so un guitarra, un teclado e unha batería non pode soar un violín e un saxo. Uns vocalistas masculinos que non din moito e por riba de todo unha "bailarina" nunha tarima que a verdade é que non sei que pinta alí subida.
Orquestra revelación: LEDICIA, un orquestrón, moi bo son, números variados, cantantes moi completos en diversos rexistros e un peche con cancións sorprendentes. Dará que falar para a vindeira tempada.
Orquestra decepción: LOS SATÉLITES, poucos cambios con respecto a ano anterior no que a números musicais se refire, teñen bo son pero débense reciclar para gustar a un número máis amplo de público. O nome é histórico e teñen que remontar o voo.
Outras orquestras:
PARIS DE NOIA: melloraron con respecto ó ano anterior, aínda así dista moito de aquela orquestra que chegou a ser a mellor de Galicia. Blas segue sendo a estrela indiscutible.Este ano farán 7 cambios na súa formación. Seguro que a mellora será sustancial.
OLYMPUS: é unha gran orquestra pero que abusa demasiado do "rollo", Peke é un bo artista pero repite moito as gracias e a xente xa se comezou a cansar sempre do mesmo. Musicalmente son espectaculares. Teñen a Danni que é de outra galaxia. Este ano sobrou o "Quiero ser como Peke" canción que foi branco de miles de burlas.
PHILADELPHIA: moi bo son, aínda están a acusar a marcha hai dous anos de Peke e Danni, seguro que será unha das orquestras revelación do 2009 pois mimbres para iso ten. O esceario é moi elegante. Cristian Maya (a voz principal) é un pedazo de artista que dará moito que falar.
MARBELLA: relación calidade-prezo do mellorciño que hai en Galicia. Bo son, as dúas vocalistas femininas posuen unha gran voz. Divirte a xente e os metais dan moito xogo.
AMÉRICA: musicalmente falando unha das mellores formacións que hai en Galicia. Tocan as cancións de sempre pero facer unha canción a capela dos Bee Gees, temas de Queen ou de Tino Casal están o alcance duns poucos elexidos. A canción de "Do Hast" de Rammstein interprétana coma ninguén. 6 artistas de pes a cabeza.
GRAN PARADA: orquestra que fai bailar o máis pintado. O seu vocalista Miguel ten unha gran voz. Quizáis se lle puidese pedir un chisquiño no segundo pase pois resulta algo relaxado. De todos os xeitos esto súpleno con un gran 1º pase.
FANIA BLANCO SHOW: decir Fania Blanco Show é decir metais, merengue e baile sen parar. Unha formación que fai moita festa. Se tivese un pouco máis de calidade na voz sería unha das mellores de Galicia con diferencia. Aínda así a posta en escea é moi boa con unha coreógrafa-bailarina "Giorgina Sarín" espectacular.
VERSALLES: non é mala orquestra pero parece que este ano se estancou on chisquiño. Aínda non sei por que motivos. Nos 2 últimos anos estaba puxando con forza. Confiemos en que para a vindeira tempada volva a ir cara arriba.
CHARLESTÓN BIG BAND: tivo dúas caras neste verán, comezou moi baixa, soaba bastante confuso nun principio pero conforme foron pasando as datas a orquestra recompuxose e acabou dignamente a tempada con un ben tirando a notable.
JERUSALÉN: boa orquestra na que Neshka é o seu principal activo. Soan ben pero sóbralle o "rollo" que ten o seu vocalista principal ademáis do número do "torero". Polo demáis todo en orde.
TRÉBOL: mellor que o ano pasado, máis animados, involucrándose máis na festa e co público e os seus vocalistas moito máis metidos no papel de "directores" do evento. Outra agradable sorpresa que ogalla volte a reverdecer vellos laureles.
CICLÓN: xa o di o nome, un Ciclón. Coa incorporación de Iván Gámez gañan no que a música "bailable" se refire. No que o segundo pase concerne tan so se me ocurre un adxetivo :"BESTIAL", moita potencia, cancións moi boas, a xuventude enfervorecida..., eso sí, na segunda rolda os veteranos para a cama que xa é tarde...
TEKILA: grupo moi completo e comedido. No 1º pase fai bailar a xente e no segundo meten caña coma o bo grupo que son. Boas cancións finais.
ARMONÍA SHOW: os reis do "bailoteo" eso sí a min chégame moito velos o primeiro pase porque logo xa me cansan. É unha pedazo de orquestra pero non valen para pechar a festa. O esceario de este ano quizais era un pouco pequeno e parecían sardiñas en lata alí metidos.
XENTE NOVA: orquestra humilde en infraestructura pero grande no espectáculo. Fan bailar a xente e un bo vermouth. Unha formación que vale para levar a calqueira grande festa.
CIBELES: orquestra "comodín" deste ano 2008. Aparecia nun lote de festas para "rellenar" o cartel. Bastante floxeiros.
COSTA OESTE: orquestra moi boa. Javier Comesaña a pesares de non ter a voz de antaño segue sendo un puntal. Incorporaron a Sonia "ex-Panorama" e a orquestra segue medrando. Moi bo son e moi boa elección musical.
Este é o meu análise das orquestras máis reseñables galegas (creo que non me queda ningunha das importantes no tinteiro pero repasarei). Agardo os vosos pareceres a ver se difiren moito dos meus.
SAUDOS
14 comentarios:
Hola!
Es un análisis espectacular. Yo no he visto casi ninguna, solo las de Los Dolores y alguna en Melide, pero poca cosa. Ahora bien, hay una cosa que me gustaría comentar sobre la Orquesta Jerusalen. Desde mi punto de vista, hizo algún comentario (yo recuerdo 2), con cierto matiz 'homofobo'. En el 2008, estando cara al público, esas cosas se deben cuidar especialmente, en mi opinión. A mí me 'chirrió' escucharlos. POr otro lado, el tío lo hacía bien, era un poco 'prota' pero bueno, es su papel.
Un besazo,
Hola!!
Ainda queda festa, eu oin por ai que creo que este find en unha discoteca de Lugo hay un maraton de orquestas, nada mas y nada menos que 50 horas tocando, e xa non sei mais. Asi que xa sabedes ainda se pode alargar o tour.
Saudos
Sara
olaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!jolin,ya estamos en el mes de noviembre y yo aun sigo kon la depresion postvacacional esta de los kojones!!!!!jajaja.k rekuerdos de to el veranito eh!!!!!!!!(y rekuerdos mu mu buenos)sobre to kon esa gente de sobrado k son tos la ostia y en festa no los gana nadie.....el SOBRADO ON TOUR 2008 ya lo dice to!
bueno......pos lo dixo,ojala k tos los veranos sean komo este y la gente.....pos lo mismo!!!!!!jaja
un bsiiii
ah!!!!!!!!!ke sepais ke yoly,maria y yo kdamos kontratadas komo nuevas bailarinas por las orquestas ke estubieron en el san roque de las cruces.JAJAJJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJA
PERDON, PERO ME CONFUNDI, LO DE LAS ORQUESTAS EN UNA DISCOTECA POR LUGO ES EL FIN DE SEMANA DEL 28 DE ESTE MES
SARA
Raquel: también Olympus y Panorama hacen gracias en ese estilo. Supongo que a alguna gente le hará gracia y a otra que está sensibilizada con el tema le parecerá grotesco. A mi lo que más me irrita de las orquestas es que repiten las mismas gracias desde mayo hasta octubre y al final ya es cansino. De todos modos el espectáculo que hoy en día ofrecen "las grandes" es increible (quién lo diría hace unos años...)
Sara: unha das bases fundamentais do Sobrado On Tour é que sexan espectaculos o aire libre (aínda que haxa carpa, je je je) de todos modos grazas polo aviso que sempre se terá en conta.
Lore: seguro que los siguientes veranos van a ser tan buenos o mejores, ya verás, risas continuas como siempre..., como dice la canción "Galicia tiene algo especial..." (o era Sevilla?) ja ja ja
Saudo e grazas por comentar.
Está claro que este verán estivo moi guapo, vai festazas!!!
Quero decirche que te olvidaches dun gran grupo, música non facía moita pero animou as festas ao máximo: Orquesta-Grupo-DiscoMóvil-Pub-Chiringo SXARA DE PIRULO!!!!!!!!!!!
Álvaro: toda a razón do mundo, como me puiden olvidar de él..., nin Panorama nin leite frita. O Xsara de Pirulo o mellorciño do verán e sen luces nen música, eso é INSUPERABLE e económico a máis non poder.
Pousada-Teixeiro-Sobrado..., longa vida as Discotecas Móbiles.
A ver, que falto eu por comentar aquí!! Vou por partes:
FANIA: non os vin este verán, pero penso que na dianteira non houbo cambios (creo) aínda que sí incorporaron algún músico fai pouco). En canto á bailarina/coreógrafa é maravillosa, non para un segundo, ten unha enerxía para bailar (e bailar moi ben por certo) toda a actuación. O de que son sinónimo de metais e merengue téñeno ben merecido, os fillos de Viloria son dominicanos... nalgo ten que notarse jeje. Por algo se fan chamar "Los mayimbes del merengue" (algo así como os reis do mambo jeje).
OLYMPUS: aquí xa creo que non me queda nada por dicir, xa comentei algunha vez o que penso sobre eles. De todas formas direi que este ano perden unha gran artista polivalente na orquestra como é Kristie (que estaba nos últimos tempos moi desaprobeitada, tíñana de florero) e gañan outra como é Marta Valiño de Costa Oeste. Cambia tamén o guitarrista polo de París de Noia. Polo demáis, a nivel de músicos seguen sendo un orquestón! É unha pena que toquen os merengues a millón por hora cos musicazos que teñen.
PANORAMA: Tampouco a vin en directo este verán, pero sí a gala de Cambados a primeiros de tempada e algúns vídeos. E a performande que se marca André é tremenda, preciosa. Eu estaría morta de medo ahí colgada das teas sen arnés nin nada jeje. Pero el e Irene fano... de cine!
ARMONÍA SHOW: a miña predilección verbeneira particular só puiden vela unha vez este ano, e teño que dicir que seguen soando coma o tremendo orquestón que son, pero fáltalles gancho con respecto a outros anos para tirar da xente. O ano pasado foron un furacán! Este ano estaban como máis apagados. Aínda así, o son Armonía Show é incunfundible. E a súa forma de tocar a música latina tamén. Claro que ten o inconvinte que ti mencionas: ten que gustarche moito moitísimo a música dese estilo e estar disposto a bailar toda a noite para que non te aburran a metade de actuación. A min sempre me sabe a pouco, son bastante merengueira jeje.
Penso que non me queda nada no tinteiro. Se tal aínda volvo a postear máis tarde jeje.
Saudiños!
Vaia olvidóuseme Boimorto, onde terei a cabeza: pensando na fin de semana..., por certo, para o finde estreo coche... de aluguer pagado xentilmente polo seguro! Para o finde veredes..., ja ja ja. Como di a frase: "dalle duro que paja o sejuro".
Vero: non sabía que marchaba Kristie. Estou totalmente de acordo contigo en que estaba moi desaproveitada pois é unha pedazo de artista e debe ter máis protagonismo aló onde esté. Por casualidade non saberás para onde vai? tampouco sabía o do guitarrista da París nin o da cantante de Costa Oeste, sen lugar a dúbidas duas grandes incorporacións! Cuidadín coa Olympus logo para a nova tempada. O que teño entendido é que Yanko marcha para Panorama pero non sei se é certo.
Agora tan só me asalta unha dúbida con esta orquestra para a vindeira tempada: volverán a interpretar "Quiero ser como Peke"? je je je je je.
Saudos
O de quero ser como Peke segurísimo que o siguen tocando, mentres ese home estea ahí a orquestra será el e o resto (canto afán de protagonismo Dios mío...).
Kristie marcha para Suavecito da axencia Zona Sur que empeza a súa andaina no mes de febreiro segundo unha mensaxe dela na súa web. Será unha formación totalmente nova, non sigue nela ningún dos que estaban ata agora. Espero que alí poida facer todo o que ela sabe, que en olympus non lle deixaban...
O guitarrista marcha para tomarse un break, ten 22 anos e xa está canso desta voráxine disque ... que descanse pois.
De Yanco a mediados do verán tamén oín que marchaba por razóns que non son quen para poñer aquí. De feito comentouse que a canción de Nivo Bravo que cantaba este ano era unha especie de despedida encuberta. Ó final seica se queda outro ano máis. E menos mal, porque o tío é un auténtico artista! Deberían deixarlle cantar máis.
Quedoume por dicir que vin o final do segundo pase de París de Noia e é tremendo!! Unha forza brutal. E Ruth canta ben ben ben. Marcouse unha versión dun tema de Michael Jackson que lle quedou perfecto. A súa compañeira Vanesa marcha creo que para Jocker e no sitio entra Gema Lareo de Cinema (e de Oza dos Ríos jeje). Tamén marcha David para Philadelphia e no sitio entra Cristian Maya de Phila.
A Philadelphia tamén a vin (só o primeiro pase) e encantoume. A miña amiga Yenina Alonso cada día gústame máis enriba do escenario. E a outra cantante, Natalia Méndez non se lle queda atrás, porque ten un vozarrón flipante. Interpretou a canción Europa de Mónica Naranjo dunha forma que quedei boquiaberta.
Agora creo que xa non me queda nada...
Dios, agora que volvín ler estes comentarios meus deime conta que parezo unha maruja, contando os chismes todos jajajaja. Hai que disfrutar das orquestras, que en Galicia son un montón e o resto de España envéxaas.
Un espectacular resumo Vero, non sabía o destino de David Balboa e aínda menos que Christian Maya ía a Paris de Noia. Que teñan sorte pois...
Ah, e non te preocupes, non son cotilleos, é información verbeneira en xeral..., je je je.
Totalmente de acordo contigo en que as orquestras galegas son do millorciño que se pode ver na península ibérica.
Longa vida as festas populares.
Iso, non son cotilleos, é cultura xeral jaja.
Pois si, Philadelphia e París de Noia fan cambio de cromos cos cantantes. A Cristian coñecino en Trasanquelos o mes pasado e ademáis de que ten unha voz impresionante, que canta o que lle dea a gana, é moi simpático. Como di miña avoa, é unha lingua de trapo, fala polos codos!! Pero é moi majo. E a voz que ten el non a teñen moitos cantantes de verbena. Sen dúbida que a París fixo unha boa fichaxe con el.
Publicar un comentario