xoves, 18 de decembro de 2008

Adiante


O Depor segue en Europa. Logo do resultado logrado na tarde-noite de onte no Estadio de Riazor (1-0 fronte ó Nancy francés). Esta clasificación permítelle o equipo coruñés chegar ó Nadal vivo nas 3 competicións que disputa este ano e ubicado en liga nos postos altos da taboa clasificatoria (quen nolo ía dicir hai uns meses...).
A victoria de onte foi lograda a base de sufrimento, coa axuda do pouco acerto francés en ataque e grazas a un gran gol de Rodolfo Bodipo logo de unha xogada que iniciou o aragonés Ángel Lafita o non dar por perdido un balón que xa saía por liña de banda, éste meteulle un balón en prolongación por banda dereita o mexicano Omar Bravo que centrou raso e medido para que o guineano marcase un gol que sen dúbida merece logo da plaga de lesións que o asolaron dende que fichou polo clube herculino. A Bodipo pódenselle discutir moitas cousas pero xamáis a entrega que deixa no campo e a súa personalidade pois é unha persoa que xamáis levanta a voz a pesares de que nunha época non contase para Miguel Ángel Lotina.
O Deportivo clasifícase coma 2º do Grupo H, por detrás do CSKA de Moscova, polo que agora terá que enfrontarse a un dos equipos que proven da Champions League, a saber: Girondins de Burdeos, Werder Bremen, Shakhtar Donesth, Olympique de Marsella, Aalborg, Fiorentina, Dinamo de Kiev e Zenith de San Petesburgo.
Hai un factor positivo e outro negativo con estos emparellamentos:
- o factor positivo é que o partido de volta xogarase no Estadio Municipal de Riazor.
- o factor negativo é a entidade do rival, clasificados en 3ª posición nos seus grupos de Champions League.
Sexa cal sexa o emparellamento e o desenlace dos dezaseisavos de final da Uefa Cup o que estamos disfrutando este ano xa non nolo vai quitar ninguén e que ninguén descarte que o Deportivo poida seguir avanzando eliminatorias nesta competición.
Sen máis FORZA DEPOR E GRAZAS POR ESTE MARAVILLOSO 2008.

2 comentarios:

Pitus dixo...

Enhorabuena y a seguir adelante!!
Un enfrentamiento con la Fiore estaría bien,no?
Semioli,Mutu,Gilardino.....

Unknown dixo...

El enfrentamiento con el Aalborg tampoco estuvo nada mal... je je je. De todos modos debemos tener cuidado, los daneses no son tan malos como los pintan..., que le pregunten al Manchester United por el último partido...