A baixada da curva da fonte de Alvariza onte ás 22:30 h
Postal da fermosa praza de Sobrado
Postal da fermosa praza de Sobrado
Foto patrocinada por Coca Cola xentileza Cafetería Ramiro
Ahí estamos desafiando a neve (e eu co abrigo no bar)
Outra fermosa imaxe de Sobrado nevado
A subida cara Alvariza as 00:15 horas de hoxe
Outra fermosa imaxe de Sobrado nevado
A subida cara Alvariza as 00:15 horas de hoxe
Curva do Muro 00:16 horas
Mosteiro de Sobrado 11:30 horas de hoxe luns
Imaxe do Albergue na mañá de hoxe
Mosteiro de Sobrado 11:30 horas de hoxe luns
Imaxe do Albergue na mañá de hoxe
O sábado pola tarde veunos a visitar a señora neve, pero veu para quedarse (non como habitualmente adoita facer). A eso das 18:00 horas comezou un temporal de neve que en cousa de 45 minutos deixou un manto branco sobre a capital sobradense e arredores.
Un par de horas máis tarde voltouse a cubrir de neve todo Sobrado e tras dar unha tregua nevou parte da noite. Na tarde de onte a cousa foi "increscendo" ata chegar ó punto de que os coches non podían circular, houbo que lamentar unha saida de vía (Petete protagonista) afortunadamente sen danos persoais nin materiais (a pesares de que cando vimos onde estaba metido o coche pensamos todo o contrario) e festexar que houbo diversas persoas que hoxe non puideron ir a traballar debido a que a súa laboura efectuana lonxe do concello, polo tanto hoxe foi día de festa.
Agora mesmo volve a estar nevando e parece que ata mércores non remitirá o temporal, a min particularmente encántame a neve e as paisaxes que deixa que son realmente fermosas. Agardo que disfrutedes as fotos tanto como eu disfruto vendo nevar.
Saudos xélidos
5 comentarios:
menos mal que estabades vos para axudar!!!!
A verdade e que o susto de petete foi bo...sobretodo para miña nai, eso q xa falaramos con todos!!!
De todas formas lato....non se pode ir a un caso de estes en "gabardina, chic" jajajajaj seica tiñas medo de que a neve che mollase a roupa e encollese??jajajaja gustariame terte visto veña a sacudir as "fulerpas electronicas" como lle chamou alguen este fin de semana a neve!!!!
De parte de Petete e da familia gracias a todos pola axuda...a Fernando por o seu "eu marcho que non dou ido pa melide" a Germán polo seu "tractor saca bmw da cuneta" e a todos os que estabades ali por se facia falta ...esteban, lato, pedino, pacitos (y su todoterreno) oito, pichi....sei q olvido a alguen pero dadebos por aludidos!!! Gracias por votarlle unha man o "tonto, que eres tonto, se estudiaras".
Tes razón Nishita, a indumentaria non era a máis propia, pero quen contaba que o zambrón... digo Kubica ía facer unha saida de pista co seu BMW...
O importante é que non pasou nada e que o final votamos unhas risas e o coche está en perfecto estado.
Saudos
Bonitos paisajes..si señooor, da gusto ver never se non fora por el peligro que trae en la carretera.
saludos lato y ponte el abrigoo hombreeee que estan las temperaturas muy bajas!!
Anónimo: so estiven fora uns minutos sen abrigo e aínda así xa collín medio resfriado, hai que abrigarse, non queda outra..., ja ja ja.
Saudos
Es ben atrevido oh!! Mira que saír pa fóra sen gabán coa nevada que estaba a caer!!
Que envexa me dades! Que en Oza tamén pasamos un frío do demo e non vemos unha folerpa! Que tristeza...
Publicar un comentario