mércores, 17 de decembro de 2008

Chile non virá


Horas despois de que Arsenior Iglesias e Fernando Vázquez deran a lista de 22 convocados para o partido Galiza - Chile que se ía celebrar o sábado 27 de decembro no Estadio Municipal de Riazor a Asociación de Futbolistas Chilenos presentou un comunicado sentenciando que lle ía ser totalmente imposible acudir a esta cita a Selección Chilena de Fútbol "por causas de forza maior".
A Asociación de Futbolistas Chilenos tiña firmado un contrato para este partido co cal se comprometía a que ó menos 10 futbolistas dos que foron convocados pola selección de Chile nos derradeiros 5 partidos acudiran a Riazor. Segundo o A.F.C. varios deste xogadores están lesionados e outros que xogan en Europa teñen período de vacacións polo que non poderán estar na Coruña o vindeiro sábado; antes estas baixas deciden non viaxar.
Agora a outra parte do contrato ou o que é o mesmo a F.G.F. e a Xunta deberán pedir indemnización por esta causa ademáis de ter que buscar contrareloxo outro rival (árdua e difícil tarea dado as poucas datas que faltan para o evento).
Parece que ultimamente os partidos da Selección Galega están gafados: o ano pasado Camerún logo de que non viñese Samuel Eto´o como estaba prometido negábase a xogar se non se lle daba un tanto por adiantado e agora é Chile o que pon trabas e anuncia que non vai vir a xogar.
Quizais a opción de xogar fronte a outra autonomía que pertenza a territorio español non sería mala idea...

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu propoño que vaia o C.A.S.X.
digo, se ninguén está dispoñible......Xogar unha pachanguita ven a xogades ou?? que de eso estades ben entrenados!!!jajajajajaja.
A verdade é que é unha pena....sempre nos ha de pasar algo pa chafarnos o futbol.

Unknown dixo...

Que vaia quen sexa pero que non nos fastidien a festa. Fumos a Santiago fronte Uruguai, a Coruña fronte a Ecuador e a Vigo fronte a Camerún, e sempre foi unha festa por todo o alto. Que non nola amarguen este ano. De todos os xeitos xa se está a falar de outras seleccións (se o final Chile non ven) como sustitutas coma Bosnia, Irán ou Exipto.
Agardaremos acontecementos.

Pitus dixo...

Pues os hemos dejado libre a Irán por que iba a jugar contra Euskadi o Euskal Herria y al final no hay partido precisamente por no llegar a un acuerdo con el nombre de la selección.

Anónimo dixo...

pois teño outra solución, un partido de futbol de "GALEGOS VS VASCOS" ou vascos Vs galegos eme igual...jajjajaja o caso é xogar e que se chamen así "galegos" e "vascos" ale...

Anónimo dixo...

A solución de Anónimo a min paréceme estupenda, así mátanse dous paxaros dun tiro, nin problema para encontrar quen xogue con Galicia nin co nome da selección vasca.

Unknown dixo...

Pitus: en el clavo!!! al final será Irán el rival, ahora la duda es la siguiente: "irán" o no "irán" a Riazor?, esperemos que si, ja ja ja.
Anónimo: eu particularmente penso coma ti, gustariame un enfrontamento con outra autonomía, sería bonito e penso que habería máis xente no estadio, pero bueno... o importante é que haxa partido e que estes eventos teñan continuidade, a fin de contas é unha festa do fútbol.