Si amigos, estades lendo ben, hoxe 26 de decembro, voltarán as festas de Ron Barceló a Sobrado, concretamente en Cafetería Ramiro (un dos lugares pioneiros na venta deste ron dominicano na zona).
En toda a comarca son moi coñecidas as festas de Ron Barceló que se facían neste local habendo sempre unha gran afluencia de clientes. Cada "celebración" Barceló sempre foi un éxito. As festas Barceló comezaron en Cafetería Ramiro aló polo ano 1996 e cando comezamos a sair en Melide a maioría da nosa pandilla bebía habitualmente este ron pero nin tan sequera nos pubs de Melide o tiñan (bueno, nin en Melide, nin en Curtis, nin en Teixeiro nin nos outros bares de Sobrado), pouco a pouco foise facendo máis coñecido e hoxe pódese atopar en calqueira lugar. De todos modos o sabor xa non ten nada que ver, aquela botella longa de "Gran Añejo" era insuperable, hoxe é moito máis "comercial", eu polo menos antes disfrutabao doutro xeito pero bueno..., recordo que unha das últimas ocasións que se celebrou a festa sorteouse unha viaxe para dúas persoas a Santo Domingo que lle tocou a Cardesín e a súa dona Marisa. Fora unha noite enorme, de moita celebración, de moitas risas, de moito todo...
Así que hoxe xa sabedes, "evento" grande, grande, grande, en Cafetería Ramiro, festa Barceló, con cada copa un regalo. Non vos quededes sen él.
IMOS POLA CAMISETA!!!!
Que disfrutedes do Nadal!
4 comentarios:
Pola camiseta??? Eu se fora sería pola viaxe ó Caribe!! jeje
e que? conseguiches a camiseta??? o que trouxo meu irmán e mais a inglesa xo tiña eu dunha festa barceló no Lecer...pero claro...ti a esa non fuches...jajajaaja
Si que fun a esa festa no Lecer, de feito teño a camiseta marela en honor e esa festa. Pois a dicir verdade é que trouxen un bo feixe: 2 marelas, 2 azul marino, 1 de tirantes, 2 barallas, 2 portacd´s, 1 chaveiro..., canto costaba cada cubata?????? ja ja ja.
no me extraña agora que meu irman so trouxera 2 regalos!!! levachelos ti todos capullo!!! jajajajajaja
Publicar un comentario