luns, 15 de decembro de 2008

Xa somos 1 máis





Dende hai algúns días esta simpática ave decidiu mudar de domicilio e virse a vivir para Sobrado, concretamente para a súa zona máis alta, na Lagoa. Quizáis oiu rumores de que eiquí o Nadal celebrase por todo o alto e que a noite de Noiteboa é ano tras ano unha gran xuntanza de amig@s que logo de cear coas nosas familias decidimos baixar ó pobo a tomar uns tragos e permanecer xuntos ata que amanece o día.
O mellor este ano tocalle a "este personaxe" ser o encargado de abrir as botellas de champaña, que sabe..., o que está claro é dende a súa chegada a Lagoa ten un reclamo máis e non pasa inadvertido para ningún dos seus visitantes.
Grazas a Juan González "Karnotxo" pola súa xentileza á hora de pasarme estas bonitas fotografías.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

QUE CHUSQUIÑO!!

SAUDIÑOS, SARA

Anónimo dixo...

como me gusta ter novos veciños....ou e veciña????
en fin......todo sea que sobrado esteña repoblado!!!!!

Unknown dixo...

A verdade é que non sei que sexo ten, pero bonito é un anaco.

Anónimo dixo...

Que queredes aumentar o nº de habitantes, ou? pois acolledes a todo bicho que pase por ahí!!, calquera vai de visita por esas terras e se perde...
Saudos.

Anónimo dixo...

Rayados,A algunha seguro que lle gustaría pasar polo pobo a ver se a acollían,ja,ja.

Anónimo dixo...

Buf,vendo a diversidad de "especies" que ten o pobo,e o duro inverno, non sei se habería algunha que se acostumbrara o cambio de clima.Pero unha vez que o visiten secadra..........

Unknown dixo...

Rayados: en Sobrado ninguén é forasteiro. Acollemos a todo o mundo con alegría e confraternidade, je je je.
O inverno non é tan duro, a pesares de que neva, aseguroche que fai bastante máis frío (e sobre todo máis vento) na maioría dos pobos que están ó redor. E no verán a temperatura é xenial. Quizáis a Lagoa templa as temperaturas e ten moito que ver en todo isto.

Anónimo dixo...

Si que é bonito si. Non ten nome?
Porque senon vaille quedar o pato bonito de Sobrado jeje.

Pois en canto ó inverno sobradés, que queredes que vos diga? Eu en Oza tamén paso frío, e aquí non neva!!!! Así que xa me gustaría a mín pasar o frío voso e polo menos ver neve, co que a min me gusta... En fin, ou aguantarse con frío e sen neve en Oza, ou emigrar para Sobrado... jeje.

Un saudiño.

Anónimo dixo...

o "pato" non é pato, é "ANSAR" que non aznar, no confundir please!!! jjaajjajajaa
Pois direxon expertos que é un Ansar doméstico, o peor é que xa oin rumores de que o queren "cazar" ainda que espero que prospere outro (q non sei se será moi bon tampouco) que di que lle queren levar unha parella....

Unknown dixo...

Matalo non! que non jodan! mira que hai mendrugos coa escopeta o lombo..., a opción da parella é moito mellor, vamos, nin punto de comparación.
Eso me comentaron vía email, que era un Ansar (non o antigo presidente do goberno como ti dis anónimo..., ja ja ja).

Anónimo dixo...

Bueno bueno, homes cultos!! jeje A min tanto me ten pato como ansar... é unha ave palmípeda igual... y fijo q fai cuac cuac o mismo... jejeje