Os que me coñecen saben que son un "deportemaníaco" empedernido, é máis, incluso penso que "o meu caso" debe ser enfermizo cos deportes pois gústanme todos ou case lque todos. Dame igual que sexan ligas extranxeiras ou nacionais, deportes de selección, individuais, de motor..., incluso a veces me paro en Eurosport a ver como hai campionatos de cortar troncos con motoserras ou "mastodontes" tirando por camións en punto morto. Pois ben, agora teño un motivo máis para que os deportes me gusten aínda máis se cabe porque dende que La Sexta cambiou o formato do espazo deportivo nos informativos e entrou o "peculiar" Patxi Alonso e esta princesiña chamada Sara Carbonero ademáis de informar ampliamente sobre os temas deportivos en xeral un pódese deleitar coa beleza desta guapa presentadora que un bo día cambio Radio Marca por La Sexta. Sen dúbida que se lle ve moi metida no seu papel de presentadora deportiva pero opino que se comezase unha carreira de modelo seguro que non pasaría fame (e non me refiro a "apetito sexual"). Ten uns ollos verdes espectaculares e uns beizos moi chamativos.
Non sei se non cambiarei a miña idolatrada Tyra Banks por este "producto nacional", unha xoia en bruto vamos...
2 comentarios:
E ti pensas que nunca traballou de modelo?? Esta fijo que é das que mentres estudaba periodismo, traballaba de modelo para sacar unha pasta (e ben que pode, porque pa iso ben vale).
un saudiño
Seguramente tes toda a razón do mundo. A verdade é que guapa é un rato largo.
Saudos.
Publicar un comentario