As tabernas ou bares sempre foron lugares onde a sabedoría popular permaneceu a pesares do paso do tempo. Hai moito tempo, a xente que frecuentaba os bares (sempre homes), aínda que non consumisen alcohol eran tildados de borrachos e ociosos.
Afortunadamente os tempos cambiaron e agora ademáis de clientela masculina nos bares tamén frecuenta a feminina. Antigamente a xente reuníase a saida da misa para comentar anécdotas, cotillear, vender fincas ou o que fixese falta, hoxe reúnense en locales hostaleiros, moito máis cómodos e confortables, onde non se pasa frío e cada un pode tomar o que lle apetece.
Cada taberna encerra unha historia, tanto en cidades coma pobos ou aldeas as tabernas están cheas de "lendas urbanas" ou anécdotas que ocorreron dentro do local; un local no que sen lugar a dúbidas os protagonistas principais son os clientes en maior medida.
Nun pobo pequeno coma Sobrado (ou coma calqueira dos que están ó redor) pódese apreciar como cada bar ten máis ou menos unha clientela fixa e outra variable (a que para en todos os negocios por igual como se soe dicir). Esta clientela máis habitual eu denominoa como "os sabios" pois coñecen todos os entresixos do local, contan anécdotas de antaño, preocúpanse se os donos do negocio teñen algún problema e son xente moi curtida na "cultura do bar". Como en todas as cousas, os bares tamén teñen as suas leis..., cantas veces escoitamos o de: "cóbrame a min que estou eu de volta" (nas cidades moi en deshuso), "ponlle un Rioja a este que outra cousa non che bebe" (en plan cachondeo)... e tamén cada cliente "da casa" ten o seu lugar habitual dentro do bar e se polo que sexa un día chega e o seu "habitat" natural está ocupado séntese incómodo e é moi probable que marche antes de tempo do local... para voltar un anaco despois logo de ir a outra taberna a ver se o seu sitio xa está libre.
A xente de bar por regla xeral sabe xogar moi ben as cartas e se ti eres inexperto/a e te animas a xogar unha partida eles que están como espectadores vanse encargar de dicirche o que fixeche mal, o naipe que deberías xogar e hasta discutir con algúns dos compoñentes da mesa pero hai que respetalos que para eso son "os sabios"; logo de unha agria discusión sempre chega a archiconocida frase de todo bar, taberna, tuburio, tasca ou chiringuito: "os de fora dan tabaco" que fai calar ó "sabio" en cuestión (agás os máis contestóns que replican calqueira protesta).
Os "sabios" saben xogar o "chinchimoni" ou "chinos" e se perdes contra eles chámanche burro con todas as da lei pois para eso son "os sabios" e eles sempre van a ter razón.
Ademáis moitos dos "sabios" sempre teñen a extrana habilidade de ser seres entrañables e destacados na vila ou aldea en cuestión que coas súas fazañas fan as delicias de moitos que contando as súas anécdotas rin que se parten.
Cóntanche como foi a súa vida de novos, a xente que había no médico, que o cura chegou 10 minutos tarde o que agora non temos espabilación ningunha coas mozas: "agora sodes tontos e elas lanzadas, se me volvo da vosa idade...". Tamén na taberna soe facer acto de presencia a típica frase: "hoxe a xuventude non se sabe divertir, antes si que se pasaba ben cando íbamos andando todos coas mozas para a festa..." saida como non da boca de algún "sabio".
Se queres un consello os "sabios" vancho dar, se non o queres tamén cho van dar, se queres que te critiquen emborrachate un día no bar que soen estar e dirán que a xuventude de hoxe en día é unha perdición, que eles cando eran novos non tiñan tanto vicio..., eso sí nin se che ocurra dicirlles o estado no que se atopan eles por que a eles xamáis lles afecta o alcohol! (ou eso creen).
Son os "sabios" e hai que tratalos como tal, forman parte dos establecementos e saben moito, podes estar ou non de acordo con eles, pero sen eles, o negocio non sería o mesmo...
Saudos
5 comentarios:
joooooer!!! bonita historia,jajajja estabame qudndo tonto leendo!!!
ti si que eres un sabio!
anonimo....sonche moitas horas de bar e algo tiña que aprender o rapaz!!!!jajjaajajaa
Hola!
Muy chula esta historia. a mí también me ha encantado, sobre todo 3 cosas: lo del rioja, la 'espabilación' y eso de que ahora no se sabe beber. Mi padre siempre dice.....'hay que meter una tónica po'lo medio....'. Eso es de 'sabio',no?
Un besito.
Moi entretido o post, si señor! Ti eres coma Féliz Rodríquez de la Fuente, acércaste, observas, e despois fas o documental sobre a especie en cuestión (neste caso, os sabios dos bares jeje). Moi bo.
Saudiños.
-Anónimo: mil grazas, un pracer saber que me ledes.
-Nishita: "cultura de Bar" que lle chaman, ahí si que me quedei coa copla... debería haber un Máster de "Actitudes e Aptitudes nun bar" penso que igual o quitaba satisfactoriamente, je je je.
-Raquel: gracias, me encanta "lo de la tónica" del gran Suso Freire, lo voy a adoptar para mi diccionario particular, je je je. Y tu padre no es que sea un sabio, es que es un auténtico crack!
Vero: fáltame o Land Rover para inspeccionar a fauna, polo demáis..., ja ja ja.
Grazas por comentar a tod@s
Publicar un comentario