luns, 2 de febreiro de 2009

A maioría dos lectores de este blog son traballadores

Así o reflicten os datos da enquisa de xaneiro no que un 31% dos participantes na enquisa votaron esta opción. Chámame poderosamente a atención como en 2º lugar sitúase con un 26% a xente que alterna traballo e estudio.
No terceiro lugar quedan os estudiantes con un 23% e como cuarto e afortunadamente derradeiro lugar a xente que por desgraza se atopa no paro con un 18%.
Os votos totais foron de 38.

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR PARTICIPAR NA ENQUISA E AXIÑA TEREDES A CORRESPONDENTE DO MES DE FEBREIRO HABILITADA.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Hey!! que non me deixa votar!!

Anónimo dixo...

Por certo Víctor, ti acostumas a saír de rumba por Melide non? Se fas o favor elabórame ahí unha ruta de locais de visita obrigada para un sábado melidense, "porfis". Que xa levamos dous findes facendo plans para ir...e nada! A ver se á terceira vai a vencida e este imos.

un saudiño.

Unknown dixo...

Vero: puideche votar ó final?? a veces non vai ben pero por tónica xeral pódese votar sen problema.
Polo que respecta a ruta de locais en Melide explícoche:

a primeira hora ata as 02:00 hai visita obrigada a zona dos viños (casco antigo) alí encontraraste duas fantásticas cervexerías (estilo irlandés): Godiva e Big Ben, recoméndoche as duas porque a verdade é que os locais merecen a pena. Tamén hai parada obrigada en tres locais típicos dos viños de Melide como son o Cire, A Cepa e O Noso Lar.
A eso das 2:00 xa hai bastante ambiente na zona dos pubs, ahí comezan as dúbidas dependendo do estilo de música que vos guste porque en Melide afortunadamente hai pubs con todos os estilos e para todos os públicos.
Se vos gusta o rock nacional o Gato´s é o lugar ideal.
A música máis alternativa encontrase no Clap Disco.
Para a xente que lle guste a música progressive e house o KM e tamén o Allá Tu (dependendo da hora).
Para bailar merengue recoméndoche o Laicus e o Templo de Nefertari.
Se buscades música actual de todos os estilos: Kemáis, Oasis, Nexus, A Noite, Cult Room, Mystik, Zerox, Angar, Camelot e Red & Black.
Se che gusta a música dos 80 e 90 alternando con algunha canción actual o teu pub é La Base.
Estos locais están abertos ata as 5:30 e logo tes dúas opcións: xusto na zona dos pubs está Disco Palladium que ten duas pistas. Na de abaixo poñen house e na de arriba salsa e merengue.
A uns 400 metros cruzando a praza do pobo está Sala 600 onde a música vai dende o house ata a alternativa.
Estos dous locais pechan en torno as 7:30 horas.

Bueno, pois despois de todo este rollo agardo que esto che sirva de axuda na túa aventura nocturna.

Saudos.

Anónimo dixo...

Uau!! Non esperaba algo tan detallado jeje. Moitas gracias, eres un sol!! Paréceme que xa teño uns cantos sitios fixos despois de ler todo iso.

En canto á enquisa, vou probar de novo, pero non creo que haxa problema, normalmente non o hai, pero onte estaba rebelde jeje.

Saudiños e gracias!

Anónimo dixo...

oleeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee.....!!! Metes gañas de ir a melide a calquera,jaja...
ten boa pinta,si señor..bikos lato!

Anónimo dixo...

sinto dicirche que na zona de viños eskenciches o mandil.....obrigado. Xa sei que dependendo da hora hay moita xente pero e un clasico e se os de melide van ali....por algo sera!!!!

Unknown dixo...

Toda a razón do mundo Nish, centreime no "núcleo" da zona dos viños e olvidáronseme as "aforas". O Mandil é todo un referente o igual que o antigo "Nazionalista" que agora non sei como se chama.
Tamén comentar que me esqueceu citar a mítica Estación 35 (os venres ten unhas sesións de djs que creo que quitan o hipo) e os sábados teñen orquestras ata as 3:30. Como non citar tamén A Fundación (para tomar a primeira copa, disfrutar dunha boa cervexa de barril ou xogar unha partidiña os bolos).
Esquecéuseme tamén o Karaoke que hai enfrente A Fundación (que non sei como se chama porque lle cambiaron mil veces de nome) e como non a Cervexería O 13 (o mellor música rock nacional e o mellor kalimotxo de todo Melide).

Anónimo dixo...

agora si que esta completiño...jajajaa so falta dicir como rematar a festa...o almorzo!!!!
hai varias opcions...desde ir degustar as "alitas de pollo" no trasno a comer un simple bocata completo (baicon, lomo, queixo, lechuga, tomate e cebola) no MJ ou e JM??? nunca me lembro...jajajaj pero vamos..o que esta o lado do trece....jajaajaja

Unknown dixo...

Eiiiiii Nishita, non te olvides de "O Burato" para os que desexen probar un auténtico e xenuino chocolate con churros....

Aclaración:
1.O bar de bocadillos que está ó lado de O 13 é o MJ.
2.O bar de bocadillos que está cerca das "3 V" é o JL.
3.O bar-pizzeria que está ó lado do Sony é o JA.

Sen lugar a dúbidas uns nomes moi orixinais...

Anónimo dixo...

Buff!! Vou ter que apuntalo todo!!

Pitus dixo...

Y eso de Melide por donde cae mas o menos???jeje....!!