mércores, 22 de abril de 2009
Quen é máis impresentable dos dous?
Onte pola noite vendo a incrible victoria do Real Madrid sobre o Xetafe como amante do fútbol e o xogo limpo do que presumo orgullosamente non puiden sair do meu estupor fronte a actitude "barriobaixeira", "porca" (se me permitides a expresión) e propia de unha persoa que padece un trastorno cerebral grave do central brasileiro-portugués do Real Madrid Pepe.
Seguro que xa todos sabedes a historia: minuto 87 de encontro co resultado momentaneo de Real Madrid 2 - Xetafe 2 o Madrid está volcado na área visitante na procura de acadar o gol da victoria que lle permita poder seguir loitando polo título ligueiro man a man co F.C. Barcelona. O equipo do sur de Madrid engancha unha contra, o balón chega o fino mediocentro Javi Casquero que se adentra na área de Casillas e Pepe no seu impetu por roubarlle o balón o mediocentro de Talavera comete un claro e absurdo penalti con un empurrón dentro da área. O colexiado Delgado Ferreiro decreta penalti, ó central merengue (por non chamarlle besta parda) dalle un ataque de tolemia e non se lle ocorre outra cousa que propinarlle duas patadas a Javi Casquero mentres este xace no chan, a primeira patada de mula impacta na perna dereita do xogador do Xetafe e a segunda na metade da espalda. Iker Casillas (un señor deportista) sorprendido separa de alí a Pepe e pregúntalle se está tolo ou que lle pasa..., chegan xogadores do Xetafe para recriminarlle a salvaxada que acababa de facer, Pepe comeza a lanzar os brazos e un puño do central impacta na cara do uruguaio Albín (parece ser que aínda non lle chegara xa todo o dano que lle fixera o fútbol...) entre todos conseguiron quitalo do campo pero aínda tivo tempo para adicarlle unhas palabras o 4º árbitro: "sois todos unos hijos de ....".
Lamentable, despreciable, denunciable e non sei cantas palabras e ningunha boa se me ocorren para calificar a este elemento, o único que se pode dicir o seu favor foi que polo menos tivo a "vergoña torera" de pedir perdón en público.
E por se esto non fora pouco chega algo tan grave ou peor: Juande Ramos, adestrador do Real Madrid en roda de prensa di que Pepe non agrediu a Casquero! si, tal como o ledes, incrible, pero realmente esta xente é a que predica o señorío do Real Madrid, que se un clube señor, que se perden dan a man, que se patatín, que se patatán. Pareceme moi forte, vaia exemplo que lle está a dar o señor adestrador os seus pupilos, un adestrador que por outro lado ninguén se olvida da súa etapa no Sevilla cando nun derbi fronte o Betis foi alcanzado por unha botella lanzada dende a grada (algo detestable) pero este señor? tivo a delicadeza de tirarse no chan coma se o matasen, saindo do estadio en camilla e dando un espectáculo lamentable...
Moito deberán cambiar as cousas no clube de Concha Espina para recuperar o "señorío" logo da fazaña de onte. Polo ben do fútbol agardo que a Pepe se lle acabase a tempada e que Juande Ramos sexa sancionado por mentireiro, provocador e por quentar o ambiente unha vez acabado o partido.
O fútbol non se merece xente desta calaña.
Saudos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
6 comentarios:
eu sendo un defensor do xogo limpio!! devo decir que pepiño estaba fumado, tivo unha mala noite ah e tantouco foi pa tanto! o que pasa e que nete blog non se entende de futbol.... jejejeje hala madrid!!!!!!!!!!!
Antes de nada, teño que dicir que aínda non lin o post, lereino cando teña máis tempo, pero respondendo á pregunta que lle da título, sen dúbida, PEPE!!!
A ese rapaz alguén lle debería dicir que drogarse antes dos partidos (se é esa a causa da súa actitude) e andar a patadas ca xente non se fai!!! Será rebaixarse ó seu nivel e todo o que queirades, pero o que merecía eran unhas boas labazadas e outras tantas patadas como deu el e que despois tan só lle pediran unha disculpa falsa nun micro da tele e ainda por riba poñendo excusas de que estaba "en quente".
P.D.: Nótase o meu enfado??? xD
Saudos! (a todos menos a Pepe... arrrggg)
Ahora si que si... FINITO: malas noites témolas moitos e non por eso andamos a patadas con todo o que se nós pon diante..., ja ja ja.
Vero: o peor de todo é que agora por riba pretende dar pena en plan "no me apetece jugar al fútbol..." pois nada tío deixa a profesión, métete peón (por exemplo), madruga e súbete a un andamio a ver se así se che endulza a vida e non vives tan amargado, ja ja ja.
Ahí le has dao!
Sabes a última?? Agora resulta que se vai poñer en terapia para aprender "a controlarse".... xa pode ser efectiva!
A controlarse? vaia por Deus, así que o Pepe saiunos incontrolado..., vaia por Deus que traballiños nos manda o señor..., ja ja ja.
Publicar un comentario