mércores, 3 de marzo de 2010

35º Edición da Festa do Queixo en Arzúa


Chega unha nova edición de unha das festas máis importantes do interior de Galicia. Trátase do 35 aniversario da popular Festa do Queixo de Arzúa que terá lugar esta fin de semana. As actividades comezan xa o venres 5, o sábado 6 adquire protagonismo especial a música cos concertos dos murcianos Second e dos franceses Rinocerose, un auténtico grupazo que mixtura rock, música electrónica e dance. Second saltará o esceario da praza de Feira de Arzúa as 21.00 horas mentres Rinocerose entrará en escea as 23.oo horas.
O domingo 7 é o día forte da Festa do Queixo, un día onde se aglutinan milleiros na vila do Queixo.
Se queredes máis información podedes entrar na web oficial da festa: www.festadoqueixo.org

Déixovos uns videos de Second e Rinocerose para ir abrindo boca..., o finde vémonos en Arzúa




4 comentarios:

Raquel dixo...

Me encanta el cartel!

Unknown dixo...

La verdad es que ya me hierve la sangre por ver el espectáculo que montan los Rinoçerose en directo.

vero86 dixo...

A min como non me soa ningún grupo deses... case vou pasar... (seino, que incultura a miña! xDD)

Unknown dixo...

Non cheguei a ver a Second. Rinocerose foron unha auténtica pasada, un son e unha posta en escea moi boa. Quizais se fixo un pouco curto pois actuaron uns poucos minutos máis de unha hora.