xoves, 4 de marzo de 2010

Qué cracks!!!

Chámanse Funky Style Brass, son franceses e líana moi pero que moi gorda. Fan bailar e moverse o máis aburrido, con esta xente é imposible estar quieto. Acordádevos ben do nome, seguro que darán moito que falar..., que digo eu???..., xa o están a facer. O ano pasado no mes de setembro estiveron no Reperkusión 09 de Allariz, uns festival que organizan os nosos amigos os Festicultores. No Reperkusión 09 tiveron a oportunidade de medirse con outra gran banda como é a serbia The No Smoking Orchestra con Emir Kusturica á cabeza; pois ben, os franceses foron os grandes triunfadores do Festival..., e é que non hai máis que votarlle unha ollada ó video para ver a que montan..., a disfrutar do video e nada de saltar na silla eh!


2 comentarios:

vero86 dixo...

Oes, pois si que tes razón que a montan ben gorda! jeje Como molan!

Unknown dixo...

Son unha pasada!!!