mércores, 24 de marzo de 2010

Rememorando a South Park

Conservo unha taza para almorzar de South Park, un regalo que gardo con moito cariño. Quizais pola costumbre de ver o dibuxo de Kenny morto "por enésima vez" non me parei a pensar ultimamente nesa serie de debuxos animados que tanto me fixo rir e que na súa época foi unha das miñas favoritas. Non sei se polo descarados que eran os personaxes, ben polos tacos que dicían ou polas "abrasadas" que lles metían os famosos (ó meu modo de velo penso que era unha convinación de todo un pouco). O caso era que todos os domingos cando xa case de madrugada (grazas a Deus o criterio de horario televisivo era mellor que o de agora e non poñían programas estilo "Mujeres y Hombres y Viceversa" en horario onde os nenos poden estar a ver a pequena pantalla) comezaba South Park, media hora antes xa estaba eu enganchadísimo. Pode que fora un dos programas ou series que me enganchou máis nos últimos anos.
Ninguén esquence as aventuras de Stan, Kyle, Eric e Kenny e a xa famosa frase "Oh Dios mío, han matado a Kenny" coa conseguinte resposta de "Hijos de ...."

En fin, longa vida a South Park, a Kenny (para que siga morrendo moitas máis veces) e os seus creadores; uns tipos con moitas agallas.

2 comentarios:

vero86 dixo...

jejeje o de Keny tiña tela eh!! Cantas veces morreu xa? jaja

Unknown dixo...

Sabe Deus..., era moito, para min sen lugar a dúbidas a gran estrela de South Park.