martes, 1 de febreiro de 2011

Frases que fan especial gracia

As veces hai frases que che impactan e outras que perduran na cabeza de un; ben sexa polo sorprendentes, por como sonan ou neste caso, que é o meu, pola gracia que che producen o oilas ou leelas.
Onte atopabame en www.marca.com lendo unha nova sobre as fichaxes de inverno do Depor: Pepe Sand, Xisco e Javito. Sabedes que en moitas webs dos xornais podes opinar se estás rexistrado na páxina en cuestión. Lendo as opinións dos lectores de marca.com houbo unha que espertou o meu interés e nada máis leela comecei a rir. Un usuario tivo o "valor" por chamalo de algún xeito de soltar esta perla: "Javito será buen jugador pero es más feo que una nevera por detrás". Non puiden evitar as bágoas da risa por un par de minutos. Calqueira que me vira pensaría que estou máis tolo do que realmente estou. Non a poido olvidar e desde onte oficialmente a frase queda incorporada o meu vocabulario. Vaia crack o foreiro...

4 comentarios:

vero86 dixo...

Pois non sei como será de feo o xogador ese, pero as neveiras por detrás ten razón que moi bonitas non son! jaja que boa.

Unknown dixo...

Pois Javito é o xogador que aparece na foto. Seguro que a partires de agora cansaraste de velo nos xornais deportivos. Precisamente hoxe sal en www.as.com unha entrevista con él.

vero86 dixo...

É que na foto non me fixara moito. Vino na tele e si: é feo, pero feo con ganas! O que pasa é que na foto aínda non se lle aprecia ben de todo.

Unknown dixo...

Ja, ja, ja, agardemos que sexa bo futbolista que é o que realmente importa. As informacións parecen boas pero..., a ver o que nos depara o partido de maña.