luns, 21 de febreiro de 2011

A Porra: xornada movida

Xornada moi rica en acertos onde ata 4 participantes tivemos a fortuna de atinar con algún dos resultados dos partidos que estaban en xogo. De novo e unha xornada máis, o líder Finito, que está intratable acertou o resultado do Almería - Deportivo polo que se vai ata os 23 puntos na clasificación xeral abrindo marxe co resto de perseguidores. Seu primo Pitus non quixo ser menos e acertou o R. Madrid - Levante xogado na tarde-noite do sábado. As máximas puntuacións de esta xornada tivemolas Alberto e "o menda" que acertamos o Barcelona - Athletic que era o partido da xornada co cal nos permite sumar 6 puntos que veñen realmente ben.

Estes foron os RESULTADOS:

Almería 1 - Deportivo 1 (grande Dani)
R. Madrid 2 - Levante 0
Barcelona 2 - Athletic 1 * PARTIDO DA XORNADA
Mesía 0 - Atl. Sobrado 0

A CLASIFICACIÓN queda tal como segue:

1. Finito 23 puntos
2. Lato 18 puntos
3. Esteban 17 puntos
4. Alberto 15 puntos
5. Pitus 14 puntos
6. Emilio 9 puntos
7. Ferreiro9 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

Ningún comentario: