mércores, 9 de febreiro de 2011

Parécesevos esta música a de Paulina Rubio?



Non sei se é algo que me pasa sólo a min ou tamén vos ocurre a vos pero canto máis escoito a texana Selena Gómez máis me recorda as cancións de Paulina Rubio. É máis xuraría que a música e clavada a algunha das cancións da mexicana. Non sei se comparten productor ou ben é unha casualidade pero ando coa mosca detrás da orella.

Seguirei investigando...

2 comentarios:

vero86 dixo...

A min non me recorda a ningunha canción en concreto de Paulina, pero parécese polo estilo de música que fan, canción lixeira, pop lle chaman a isto, non?

Polo acentillo que se gasta cando canta en español recórdame máis a Nelly Furtado, que non me gusta nada cando canta en español, en inglés aínda aínda, pero en español sóame rara jeje.

Unknown dixo...

Sí, para min é Pop puro e duro, non sei se ten un nome máis técnico. Pero sí, pop de toda a vida. A min a música recórdame a algún dos discos de Pau pero non sei cal a decir verdade, terei que repasar no Spotify a ver se encontro a canción en cuestión.