mércores, 11 de xuño de 2008

Un día moi especial


O 11 de xuño non é un día calqueira na miña familia. O 11 de xuño é a data de aniversario de vodas dos meus pais polo que evidentemente é unha data moi pero que moi especial.
Hoxe cumplen 31 anos de casados (felizmente) e desexo de todo corazón que poidan cumplir moitísimos aniversarios máis.
O 11 de xuño de 1977 Ovidio e MariCarmen decidiron casar, sen dúbida que foi un día de moita festa para os meus avos. A meus avós maternos casábaselle a única filla que tiveron e a meus avós paternos o único fillo dos dous que tiveron que se casou (o outro segue solteiro e dame a min que este ano aínda non lle toca..., je je je). Polo tanto era unha celebración irrepetible para ámbalas familias.
O chegar o feliz matrimonio, meus pais decidiron asentar a súa residencia en Sobrado (de onde é natural miña nai) polo que a Ovidio tocoulle coller os "bártulos" para vir dende Présaras (Vilasantar) para a "ciudad" como lle digo eu..., qué malo son.
Xusto 11 meses despois, o 11 de maio de 1978 aparecín eu nunha calurosa mañán as 08:45 horas (como vedes a miña familia está moi arraigada o número 11) pero polo que se ve, debinlles dar moito a lata ós meus pais pois non trazaron de ter máis fillos, nin ir pola "parelliña" nin nada de nada (a pesares da miña insistencia en que quería ter un irmán para xogar con él o fútbol).
O tempo pasou, meu pai conta agora con 53 anos e miña nai con 51, están felizmente casados logo de 31 longos anos (algo impensable nunha parte importante dos matrimonios de hoxe en día) onde compartiron máis alegrías que penas (grazas a Deus). Xamáis lles poderei pagar nin devolver todo o que fixeron e fan por min pois son realmente uns "cracks" e o único que "aínda hoxe" lles reprocho é que non me houbesen "traido" un irmán para xogar, je je je.
Bueno agardo que o celebren, pero por favor, agora QUE NON SE LLES OCURRA IR A POR UN IRMÁN QUE XA NON ESTÁN EN IDADE!!!!! je je je.
O dito
FELICIDADES PAPÁS!!!!!! QUE CUMPRADES MOITOS MÁIS!

martes, 10 de xuño de 2008

A punto de cumprir un aniño na rede


O vindeiro sábado, o 14 de xuño cúmprese un ano desde que este blog está en funcionamento. Evidentemente se non fose polo apoio de todos os que estades ahí día si e día tamén non sería posible este "invento".
Quero agradecer a tod@s os que me ledes todos os días e en especial os que argumentades nos comentarios dos post. Entre todos facedes que O Blog de Víctor Lato sexa moito máis ameno e divertido.
Prometo mellorar os post (ou intentar facelo) e que sexan o máis entretidos posibles para que esta bitácora non sexa un coñazo.
Quedanme moitas cousas por contar, que unhas veces por falta de tempo e outras por falta de inspiración non dou expresado como debería polo que vounas pospoñendo para días máis inspirados. Con todo, neste divertido mundo de contar cousas, síntome un privilexiado o ver que hai bastantes visitas diarias.
Sodes fonte de inspiración e iso motiva a calquera.

MILLÓNS DE GRAZAS A TOD@S


P.D: a foto que ilustra este post é unha tarde de Mousse de Chocolate (a miña favorita) do Rei das Tartas de Mondoñedo.
Penso que neste primeiro aniversario a ocasión mereciao..., je je je.

SAUDOS

luns, 9 de xuño de 2008

Alegría




Chegou o sol,chegou o bo tempo (aínda que con un chisquiño de vento), hoxe é día para rememorar o pasado verán 2007. Polo tanto, é día de poñer un dos "hits" que máis forte pegou no estío pasado. A canción é "Alegría", pero no vídeo que posteo a versión máis que puramente dance é makineira, soa moi ben (para o meu gusto incluso mellor que a versión orixinal). Ademáis o videoclip non ten desperdicio, 3 sensuais bailarinas contornéanse o ritmo da música. Sen dúbida esta canción evócanos á noite, á festa e o divertimento. Disfrutadeo.

A nivel particular direi que teño un resfriado bastante importante (quizáis debido o sol que me dou na cabeza o sábado en Ponferrada a hora do cocktail antes do banquete da voda de miña prima). Agardo que co paso da semana vaia recuperando.
O sábado foi un día moi intenso para min: levanteime as 08:30 AM, e as 10:00 AM arrinquei con meus pais rumbo ó Bierzo, a voda estivo xenial pero como era previsible moito máis tranquila que a da semana pasada en Barakaldo. Logo de conducir ida e volta cheguei a Sobrado a eso das 21:00 horas. O pouco de chegar chámame Alvaro para xogar un partido de fútbol sá contra un "quinteto" de Boimorto. No partido apostamos a cea e perdimos 4-1 polo que Roi, Patxi, Álvaro, Pichi e eu tivemos que pagar a cea. Fixémola no Garnacha en Melide e debemos agradecer a paciencia dos camareiros do local para con nós pois chegamos para cear as 00:20 horas, logo tocou unhas rondas polos viños (non sei canto facía que non os pisaba) e logo a ruta de sempre: Kemáis (grazas a Jose por adicarme unha canción), La Base, Nexus e Palladium (non dou tempo a máis), como non, para finalizar: ALIÑAS DE POLO, o final chegamos a Sobrado as 08:00 AM con Noe, Álvaro e Pichi durmindo polo cansanzo acumulado (menos mal que Laura non durmía e doume rollo toda a viaxe mentres eu conducía).
Onte tocou "relax" toda a tarde en Sobrado con especial participación en futbolín e diana, aínda así cheguei a casa as 00:15 horas. En fin..., sen tempo a aburrirme digamos.
A partires de agora aínda vai ser máis movida a cousa porque comezan as festas e creo que a cousa vai a estar bastante ben..., xa o dixen en posts anteriores: SOBRADO ON TOUR ´08 (Calvete, quero dicir, Muxico, non me olvido das camisetas, je je je).

Bueno meus, cóidense.
Saudos

ALEGRÍA, JE JE JE.

venres, 6 de xuño de 2008

Mañán toca ir ó Bierzo

Bandeira da Comarca do Bierzo
Castelo dos Templarios

Por segunda semana consecutiva tócame ir de bodorrio. Desta volta o acto será no Bierzo, concretamente na cidade de Ponferrada.
As 13:00 será a voda de miña prima Sonia na Casa do Concello (casco antigo da cidade ponferradina) para logo desplazarse o Restaurante "El Rincón de Pepín" (as aforas da cidade) para celebrar o acontecemento.
Irei con meus pais o convite polo que agardo que esta voda sexa moito máis suave que a da semana pasada en Barakaldo (seguro que sí), ademáis o ir cos meus pais hai que manter as formas e poñer cara de neno bon..., je je je.
Como me toca conducir non probarei gota de alcohol non vai ser o demo que unha patrulla de tráfico me esté agardando para que amablemente faga a proba de alcoholemia e a alegría da voda se torne en mosqueo e rabia.
De feito o domingo pasado, dirixiame con Noe a tomar algo a Rábade a esa da 1:00 AM e tiven que someterme a un control de alcoholemia aínda que debo dicir que o axente foi moi amable e para nada amosou superioridade nin prepotencia, todo o contrario. Felizmente, eu o domingo non bebera nada así que o resultado nin llo preguntei pero supoño que sería 0,0º agás que aínda tivera efectos da voda do sábado (agardo que non senón malo).
Pois o dito que esta semana toca voda relax no Bierzo, unha comarca que máis ben parece Galiza que León, de feito, hai unha serie de asociacións bercianas que demandan que o Bierzo perteneza a Galiza e incluso nos colexios o idioma galego os nenos téñeno coma optativo. Sen ir máis lonxe, o Bierzo na antiguidade pertenceu o Reino de Galiza. Unha lástima pois esta comarca posee un marcado e potenciado carácter industrial e agro-gandeiro que sería un influxo positivo moi grande para o noso país que nos tempos que corren nos viría moi ben ter da nosa man.
Pero bueno, hai que tirar como se poida.

Seguiremos informando
Saudos

xoves, 5 de xuño de 2008

A 1ª Reunión Moteira de Sobrado foi un éxito



A Comisión de Festas 2008 organizou a 1ª Reunión Moteira no Concello de Sobrado. Houbo 104 participantes entre quads e motos. O evento asistiu xente de diversos lugares de Galiza e o índice de participación foi moi alto.
A saida tivo lugar na explanada do Pavillón Polideportivo e os participantes xantaron no alto da Cova da Serpe, onde o Concello de Sobrado e o de Guitiriz unen os seus destinos podendo disfrutar de unha preciosa paisaxe.
O equipo de endurogalicia.com tamén estivo en dita reunión polo que gravou videos e deixou instantaneas para inmortalizar o momento.

Eiquí vos deixo un video que endurogalicia acaba de colgar fai poucos días na rede, tamén insertarei fotos en vindeiros post xentileza da Presidenta da Comisión de Festas Yolanda Espido.

Saudos moteiros.

Por fin é xoves



Como hoxe é xoves e estou moi cañero, ímoslle dar un pouco de movemento o corpo. Hoxe propoñovun clásico da música "dura", a canción máis coñecida dos Rage Against The Machine "Killing in the name", todo un himno para a miña xeración e as aproximadas.
A día de hoxe segue sonando igual de ben que cando saiu o mercado, polo tanto eiquí tedes o Clip Oficial.

Qué forza ten!

Grandes RATM

Petete TV

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Os minicoches a debate, logo dos tristes acontecementos das últimas semanas con minicoches (coches sen carné) polo medio a TVG fai balance e entrevista a unha serie de persoas. A primeira en contestar é o inigualable José Ramón Lamas máis coñecido coma Petete, o ver a resposta incluso parece unha persoa seria..., je je je.

Veña Petete que non das o pego, todos sabemos que ti xogabas con trampa pois xa estás familiarizado cos "micros" xa que fuche o creador de Alvariza Radio.

Saudos.

Felicitacións a pares


Hoxe toca felicitar doblemente o cumpleanos. Onte tocolle o cumple a Laura Castro (26), je je, ¿qué pensabas, que no iba a decir la edad, Laurita?, seguramente o celebrou en Barcelona por todo o alto pero non se libra de invitar a unha copa cando veña de vacacións, eso si, eu tereille que pagar outra polo meu cumple, total que o final entre invitación e invitación os refrescos vanse esgotando..., o dito Lauriña, moitas felicidades e que cumplas moito máis.

O outro "cumplidor" e o señor profesor-director D. Alvaro Castro (27), que está hoxe de cumpre e supoño que este celebrarao comendo uns "persebes coma puños" dado o lugar onde habita normalmente (aínda que non está moi claro), Fisterra-Cee-Corcubión-Carnota-Zas e sabe Deus onde, este chaval aparece na Costa da Morte onde menos se espera un, je je je.
Haberá que adicarche unha canción esta fin de semana, non sei se non adicarche a da "Cabritinha", non me digas porqué..., ja ja ja.

Bueno neniños, o dito, que cumplades moitos máis, que a ver se formalizades un pouco (que xa ides tendo unha idade), ja ja ja, e sobretodo que vos acordedes que xa falta un día menos para Fin de Ano (xa había que non o dicía...)

Saudos e moitas felicidades.

Por certo, deixade un cachiño de tarta que ten unha pintaza...

mércores, 4 de xuño de 2008

ANIMALIÑOS 2"La auténtica salud, el bienestar, la alegría..."



Ainda que xa ten algúns meses, hoxe querovos poñer un simpático ionki que saiu no programa de Cuatro "Callejeros", a verdade é que a entrevista non ten desperdicio. Seguramente moitos de vos xa o vistes pero nunca ben mal esbozar un sorriso de novo.

Encantame cando di "soy una persona muy inestable..., como tu ves" e cando di "yo visto de Emidio Tucci, soy un vanidoso", este tio é mundial.

Disfrutade do video.

P.D: teño problemas técnicos para insertar as fotos do finde en Euskadi, cando teña os problemas arranxados insertareinas.

Saudos a todo o mundo e grazas por estar ahí.

luns, 2 de xuño de 2008

Os Periodistas son a lacra do Século XXI segundo a enquisa de maio

Os datos que reflicte a enquisa de maio onde se preguntaba que consideraban os lectores de este blog que era a lacra do século XXI son contundentes:

Os periodistas ocupan o primeiro lugar con un total de 46 votos sobre 108 totais, é dicir, un 42% dos votos. Quizáis programas como Está pasando (foto superior) axudan a opinar de este xeito.
As drogas ocuparon un destacado segundo lugar con 34 votos, o que supón o 31% das votacións totais. Un tema que segue a xerar controversia e no que hai opinións para todos os gustos.
O terceiro lugar están os políticos, uns clásicos en este tipo de enquisas con 15 votos, o 13% dos votos totais.
A S.I.D.A. ocupou o cuarto lugar, un problema que parece que remitiu nos últimos anos a pesares de que segue a estar ahí, con tan só 8 votos, un 7% do total.
Xa por último, en quinto lugar quedou a televisión con uns pírricos resultados: 3 votos, ou o que é o mesmo o 2% das votacións totais.
Temas coma o alcohol, o tabaco, o teléfono móbil ou internet apenas tiveron votación nesta enquisa.

Polo tanto, penso que algun tipo de periodismo (non todos) teñen que cambiar visto o que opina o persoal, eu penso que os programas onde se adican a poñer verdes os famosos e "darlles bola" fanlle un flaco favor a unha profesión tan respetada e tan importante coma a de periodista.

Nada máis, grazas por participar na enquisa de este mes, e agardo que para a do mes de xuño sigades votando en tanta cantidade.

Grazas.