luns, 9 de xuño de 2008

Alegría




Chegou o sol,chegou o bo tempo (aínda que con un chisquiño de vento), hoxe é día para rememorar o pasado verán 2007. Polo tanto, é día de poñer un dos "hits" que máis forte pegou no estío pasado. A canción é "Alegría", pero no vídeo que posteo a versión máis que puramente dance é makineira, soa moi ben (para o meu gusto incluso mellor que a versión orixinal). Ademáis o videoclip non ten desperdicio, 3 sensuais bailarinas contornéanse o ritmo da música. Sen dúbida esta canción evócanos á noite, á festa e o divertimento. Disfrutadeo.

A nivel particular direi que teño un resfriado bastante importante (quizáis debido o sol que me dou na cabeza o sábado en Ponferrada a hora do cocktail antes do banquete da voda de miña prima). Agardo que co paso da semana vaia recuperando.
O sábado foi un día moi intenso para min: levanteime as 08:30 AM, e as 10:00 AM arrinquei con meus pais rumbo ó Bierzo, a voda estivo xenial pero como era previsible moito máis tranquila que a da semana pasada en Barakaldo. Logo de conducir ida e volta cheguei a Sobrado a eso das 21:00 horas. O pouco de chegar chámame Alvaro para xogar un partido de fútbol sá contra un "quinteto" de Boimorto. No partido apostamos a cea e perdimos 4-1 polo que Roi, Patxi, Álvaro, Pichi e eu tivemos que pagar a cea. Fixémola no Garnacha en Melide e debemos agradecer a paciencia dos camareiros do local para con nós pois chegamos para cear as 00:20 horas, logo tocou unhas rondas polos viños (non sei canto facía que non os pisaba) e logo a ruta de sempre: Kemáis (grazas a Jose por adicarme unha canción), La Base, Nexus e Palladium (non dou tempo a máis), como non, para finalizar: ALIÑAS DE POLO, o final chegamos a Sobrado as 08:00 AM con Noe, Álvaro e Pichi durmindo polo cansanzo acumulado (menos mal que Laura non durmía e doume rollo toda a viaxe mentres eu conducía).
Onte tocou "relax" toda a tarde en Sobrado con especial participación en futbolín e diana, aínda así cheguei a casa as 00:15 horas. En fin..., sen tempo a aburrirme digamos.
A partires de agora aínda vai ser máis movida a cousa porque comezan as festas e creo que a cousa vai a estar bastante ben..., xa o dixen en posts anteriores: SOBRADO ON TOUR ´08 (Calvete, quero dicir, Muxico, non me olvido das camisetas, je je je).

Bueno meus, cóidense.
Saudos

ALEGRÍA, JE JE JE.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

SISISI¡¡¡ ACERCASE O VERAN E CON EL A FESTA RACHADA...... .

VEMONOS NELA¡¡

APERTAS . EVA .

Anónimo dixo...

a canción non esta mal pero é mellor o video . Ainda que non sei se será desta canción xa que tamen o ai con outros temas : http://es.youtube.com/watch?v=hrU3UyN7uTk&feature=related

Unknown dixo...

É chegar esta época e ferverme o sangue. A min encántanme as festas (cada día máis) e sobretodo se diante está unha Panorama, unha Olympus, unha Paris, unha América ou algunha das orquestras potentes. Que magoa que en Galiza non teñamos bo tempo todo o ano para que puidese haber festas máis a miudo. Así o plan era completo: pola semana as festas e o sábado a Melide, je je je. Saudos Eva.

Anónimo: o video que puxen é creación propia de un cibernauta que é un crack. O video vai perfectamente acompasado coa música. Acóplase perfectamente, está xenial. A min os 40 primeiros segundos de canción encántanme, danme gañas de bailar. Je je je

Saudos marchosos.

Anónimo dixo...

si home siii k vivan las fiestas y k todos nosotros podamos ir a ellas..saludos

Anónimo dixo...

Cala, non me fales de orquestras e verbenas que me ferve o sangue a min tamen!! Moito me gustan as festas no verán! Eu persoalmente en verán case prefiro as verbenas ó aire libre que os pubs, que pasas un calor abafante. Nas verbenas nin respiras fume dos demáis, nin pasas calor... a min encántanme!

E tamén me gusta ver as orquestras potentes como ti lles chamas, aínda que estes dous anos anteriores a miña favorita e a que vin máis veces foi sen dúbida Armonía Show, estou agardando con ansia que veñan xa!

Polo de pronto, o venres 27 haberá q ir a Porzomillos a ver a Panorama, que teño que celebrar o meu último día de exames jeje. Aínda que suspenda vou igual!! xD

Bicos festeiros.

Unknown dixo...

Vero: Armonía Show eu tamén opino que é das potentes o que pasa e que o seu continuo ritmo de salseo a min chega un momento que me satura (con un pase chégame) pero sen dúbida que é unha gran orquestra e o seu son é magnífico.
Este ano anda bastante ben a Philadelphia (tras un ano bastante floxo logo da saida de Peke e Danny), teño gañas de ver a Fania, Marbella (o ano pasado saíase e este ano polo que leín anda do mesmo xeito), de Galilea faláronme moi ben e Tango parece ser que volve a andar coma hai uns anos.
Haberá que inspeccionar e aló polo mes de outubro farei unha análise persoal do que me pareceron as diferentes orquestras no verán, tanto as de Espectáculos Lito, as de Sito coma as de Zona Sur.
Xa informarei debidamente.

Saudos

Anónimo dixo...

A ver se podo axudarche na análise esa logo jejeje. Espero ver moitas orquestras este ano, a ver se podo andar de festa en festa.

A Philadelphia disque está moi ben si, eu este ano ainda non a vin pero teño que vela pronto, que se non vou ver á miña amiga Yeni (a nova cantante que ficharon este ano) non mo perdoa!! jaja

A Armonía hai xente que lle cansa tanto pachangueo, a meu pai o primeiro (el é máis de bochinche jeje), pero a min para nada! Eu bailo desde a primeira canción ata a última! Non hai mellor operación biquini que iso, queimas calorías por un tubo jajaja.

Un bico.

Unknown dixo...

Seguro que sí Vero, bailar tamén é saude..., je je je.
Agardo entón polo túa análise "orquestal" o acabar o verán.
De todos os xeitos, como aínda falta moito para eso, disfrutemos das festas,je je je.

Saudos.

Anónimo dixo...

Si si, polo de agora análises cero! A desfrutar primeiro que a analizar xa haberá tempo cando non haxa festas.

Saudos.