venres, 20 de xuño de 2008

21 de Xuño, Día da Música



Mañán, 21 de xuño, é o Día da Música. A veces pregúntome que sería de nós, ou polo menos de min sen a música. Penso que non sabería vivir ou polo menos habería unha parte de min que estaría vacía.
Cada un de nós vai facendo a Banda Sonora da súa vida, e a cada momento ou en diferentes accións do día vanselle atribuindo unha serie de cancións que a propósito ou accidentalmente van surxindo nas nosas cabezas.
Cantas veces surxe o tema de que levas todo o día con unha canción na cabeza (as veces aínda que non che guste) e non te das despegado de ela?
A min pásame, e polo xeral cada día teño unha canción na cabeza, sobretodo pola mañán, quizáis pola tarde apareceme outra nos "miolos" pero debo recoñecer que o meu apego a música a veces pode chegar a ser enfermizo.

Hoxe poño un video da super artista Enya, a canción xa ten uns aniños pero soa moi ben, é a archiconocida "Orinoco Flow" do disco Watermark, ademáis o video está subtitulado en castelán.

Unha caricia para o oido.

Saudos

Que viva a música!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que delicado che quedou iso de "é unha caricia para o oído" jeje.

Polo visto a min pásame o mesmo que a ti, porque raro é o día que non esperto con algunha canción na cabeza. Fai dous ou tres días levanteime co 4 minutes de Madonna e non o dei sacado de enriba en toda a mañá. Levo fío musical incorporado jeje.

E si, tes razón, sen música sería moi complicado vivir (para min creo que imposible, porque se non a hai acabo cantanto eu aínda que sexa!). Así que mañá aproveitaremos que é sábado para festexar este día.

Saudos.

Unknown dixo...

Verdade que si!!! je je je, soa moi "fisno".

O final vaiche acabar gustando o "4 minutes" de Madonna e Justin Timberlake..., je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Parece que si, polo menos xa conseguiu pegárseme.